V Ruta Cultural do Iescha

Redacción. -

Por quinto ano consecutivo, e segundo o acordado na última Asemblea Xeral, o Instituto de Estudos Chairegos organiza a V Ruta Cultural, prevista para o domingo, 20 de maio de 2018, á cidade de A CORUÑA, onde se levará a cabo un PROGRAMA dividido en dúas sesións, matutina e vespertina.

Nesta ocasión, temos a sorte de poder contar coa compañía e coas explicacións do arqueólogo Felipe Senén.

PROGRAMA
A saída de Vilalba, dende a casa da Cultura, producirase ás 9:30 horas.
Unha vez na Coruña, entre outras posibilidades, visitaremos o Museo de Belas Artes, na Rúa Zalaeta.

O Museo de Belas Artes da Coruña é un lugar con vitalidade, onde se produce o encontro cidadán. Onde, dun xeito lúdico, trátase de facilitar o diálogo entre as belas artes e as outras disciplinas artísticas. Onde se procura fomentar o desenvolvemento dun lecer proveitoso e responsable.

Por todo isto, a realización de actividades é un dos principais obxectivos que impulsan e dan sentido ao museo: visitas para escolas, obradoiros de gravado, cursos de arte e de museos, concertos, visitas guiadas, cine, actividades para familias, contacontos, conferencias, xornadas divulgativas e científicas, teatro, obradoiros de verán e outras actividades que converten o museo nun centro vivo de difusión e producción cultural.

Realizaremos tamén percorrido polas principais rúas da Cidade Vella.

A Cidade Vella da Coruña correspóndese co primitivo asentamento urbano e está declarada Monumento histórico-artístico. No seu interior están a maior parte dos edificios históricos, e as súas rúas conservan aínda o seu antigo trazado, así como un gran número de casas de porte antigo. Foi declarada conxunto histórico-artístico polo decreto 29/1984 do 29 de maio e o proceso de peonalización comezou en agosto de 2014.

Daremos un paseo polo Monte de San Pedro, e contemplaremos as fermosas vistas que desde alí se divisan.

O Monte de San Pedro é un lugar da parroquia de Visma no concello da Coruña. Dende 1933[2] albergou unha batería de costa do exército, pero tralo abandono da mesma en 1996, o lugar foi convertido nun parque, aínda que se conservaron moitos elementos da antiga instalación militar, coma os canóns, algúns deles antiaéreos.

Entre as dúas sesións, terá lugar a comida no Restaurante “A PENEIRA” (Av. Calvo Sotelo, 18, 15004 La Coruña-Teléfono: 981 26 07 12).

A cuota que haberá que pagar será de 25 € por adulto (os nenos, 5 €) que inclúe a comida e o autobús.

Os/as interesados/as poden apuntarse ata o mércores, 16 de maio –como data tope improrrogable- ben enviando unha mensaxe á conta de correo electrónico do Iescha, estudoschairegos@gmail.com, ou ben contactando persoalmente ou por teléfono con calquera membro da súa Xunta Directiva.

09/05/2018

0 comentários :

Danos a túa opinión