Carlos Meixide pregoeiro de Pardiñas

Redacción.-

Carlos González Meixide, nado en Vilagarcía de Arousa en 1977, é escritor, músico, xornalista e humorista galego.

A súa primeira obra foi o libro infantil A Miragaia, publicado en 2004. Coa súa primeira novela participou en varios concursos literarios, chegando a obter unha mención especial no Premio Blanco Amor.

Nas súas achegas ao campo audiovisual cómpre salientar a curtametraxe O meu nome, o meu mundo, que en 2001 participou no Festival de Cinema e Vídeo de Nova York; ou o seu labor no programa Onda Curta, centrado nas curtametraxes, que emitiu a TVG.
Como humorista integrou o dúo musical Os da Ría con Tomás Lijó.

A súa obra literaria está composta por:
A Miragaia (2004).
O home inédito (2005, Eds. da Rotonda / 2009, Rinoceronte Editora).
Ons (2015).
Inge e Robbie (2016).
Cans (2016).
A memoria dos meus pasos (2017).
Guitiriz (2018)

Xermolos escolleuno como pregoeiro para agradecerlle o seu labor creativo na novela “Guitiriz” dedicada ó Festival de Pardiñas. Cun xeito xuvenil, transmite as emocións, sensación e fitos do Festival. Unha obra presentada en febreiro no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Meixide sucede no palco do Festival a pregoeiros como Manuel María, Marica Campo, Neira Vilas, Fina Casalderrey, Avelino Pousa Antelo, Margarita Ledo, Darío Xohan Cabana, Antía Cal e outras e outros persoeiros da nosa cultura.

1 de ago. de 2018

0 comentários :

Danos a túa opinión