Novo libro de Xoan Xosé Fernández Abella

Redacción. -

O 19 de setembro preséntase ás 19:30 no Salón de Actos da Facultade de Filosofía, na Praza de Mazarelos en Santiago de Compostela, o libro "Loanzas sentidas e outros poemas" de Xoan Xosé Fernández Abella, con limiar de Xesús Alonso Montero e portada e ilustracións de Sabela Arias.

Estarán na mesa acompañando ao autor: Benita Silva Hermo, Presidenta de Alumni USC; Xesús Alonso Montero, Catedrático Emérito da USC; Sabela Arias Castro, Ilustradora; Pilar Sampedro, escritora, animadora cultural, que recitará algúns poemas do libro; Luis Alonso Gilgado, Director da colección Os libros do Loureiro, na que se edita o libro; Rafael Silva Costoyas, dono da Librería e Editorial Follas Novas, que o publica; e por suposto, o autor

Participarán tamén Miro Casabella e Manoele de Felisa interpretando poemas musicados do autor. 

03/08/2018

0 comentários :

Danos a túa opinión