Rosalía sempre viva

Redacción. -

A Casa-Museo Manuel María vén de publicar as bases da V edición do Concurso de recitado poético “Rosalía sempre viva” e de abrir a convocatoria a todos os centros educativos galegos para a súa participación.


O concurso dirixido a todo o alumnado galego de ensino non universitario, desde Primaria a Bacharelato e Ciclos Formativos, está centrado no recitado de versos da obra en galego de Rosalía ou da ampla produción poética de Manuel María. O obxectivo do concurso é potenciar a expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e o recitado da poesía de dúas das voces máis importantes e populares da nosa literatura.


Na pasada edición, máis de trescentas persoas (alumnado, docentes e familiares), vidas de distintos puntos do país, déronse cita na fase final que gañaron alumnas e alumnos do CEIP Os Muíños de Moraime-Muxia, do CEIP Barrantes de Tomiño, do IES Francisco Asorey de Cambados e do IES Lois Peña Novo de Vilalba.


Nesta V edición a fase final celebrarase no auditorio da Casa-Museo Manuel María o 6 de abril de 2019. As bases pódense ver na ligazón http://www.casamuseomanuelmaria.gal/actividades/convocase-a-v-edicion-do-concurso-escolar-de-recitado-poetico-rosalia-sempre-viva.htm?tipo=ACTIVIDADE

22 de nov. de 2018

0 comentários :

Danos a túa opinión