O PSdeG gaña no Concello de Vilalba



Redacción.- O Partido Popular perdeu por primeira vez as eleccións no concello de Vilalba, onde naceu o presidente fundador da formación política, o finado Manuel Fraga.

Unha praza simbólica para o PSdeG, que co 100% dos votos contados converteuse na forza política máis votada e superando por un concelleiro -ten oito- ao Partido Popular, mentres que os outros dous concelleiros son membros de Vilalba Aberta.

O Partido Popular, cuxa lista dirixiu ata o momento o alcalde, Agustín Baamonde, perdeu dous concelleiros e con eles a maioría absoluta, mentres que os socialistas, encabezados pola doutora Elba Veleiro, sumaron dous aos seis que obtiveron nas anteriores eleccións.
________________
Fonte: Goberno de España


27 de maio de 2019

0 comentários :

Danos a túa opinión