Non pasará de ser un soño




...No meniño que dorme
no edredón dos teus ollos
reclamo a liberdade pró meu pobo...

Con Pólvora e Magnólias.
X.L. Méndez Ferrín 

Nas primaveras lucidas,
democráticas a bandadas, de estandartes de rosas floreados,
traen dos soños republicanos
aqueles novos espertares
nas lumieiras da memoria
da cinza de Martínez Castro.

Puiden soñar. Soñei,
e no estrano da distancia,
no espertar do tempo pendurado
de esperanzas,
soñei que na historia o día chegou.

Chegou, chegou, chegou,
na preguiza da historia chegou
sostendo nas mans de Elba Veleiro
o caxato rexedor,
o caxato do ser dun tempo novo
nos eidos da materia realizábel.

Chegou, Xulián, chegou
despois de vintenove mil dúascentas noventa e cinco noites.
Chegou na vella ollada emocionada
do vello soñador.

Ao teu carón Moncho e Fernando,
nas bambolinas Eduardo (todo chega amigo tuno, todo chega).

Pero voto en falla a Cernadas sobre todos.

No cartafol das lembranzas asoman María Xosé e Tucho, Martín e Bernardo, Luis...
De cantos outros un quere acordar!

Pero é dos horizontes novos da Terra Chá do que hai que falar,
pero é dos donos do novo tempo agora, sen reis panchovillas nin servidumes, a hora
da beleza soñada, da xustiza social, da palabra.

No labirinto da Pena do Encanto, nas ermas silveiras do Madalena,
nas cadeas da Pravia, no mofo das estatuas
sabia nova
fertiliza, sobre o esterco dunha Vilalba esmorecida,
o espertar dunha Vilalba revivida.


MIGUEL BARRERA
Despoxos dun ninguén


16 de xuño de 2019

0 comentários :

Danos a túa opinión