Propostas do IESCHA ao Concello


Redacción.-

Recentemente o Instituto de Estudos Chairegos remitiu á Sra. Alcaldesa do Concello de Vilalba o seguinte escrito:

"En reunión de Xunta Directiva do Instituto de Estudos Chairegos-IESCHA celebrada o pasado día 7 de agosto do ano en curso, acordouse, entre outros asuntos, remitir escrito a ese Concello cos seguintes puntos:

1.- Manifestarlle os nosos parabéns a Vde., como nova Alcaldesa de Vilalba, así como ao seu Equipo de Goberno, desexando que nesta nova etapa que comeza podamos manter unha recíproca e cordial colaboración entre as dúas entidades.

2.- Pregarlle que propoña á Corporación Municipal que Vde. preside a adopción dos seguintes acordos ralacionados con dúas emblemáticas personalidades chairegas imprescindibles no ámbito literario galego:

-Dar o nome de MANUEL MARÍA á Casa da Cultura de Vilalba (proposta xa realizada noutras ocasións).

- Dar o nome de AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ á Biblioteca Pública Municipal de Vilalba."

11 de set. de 2019

0 comentários :

Danos a túa opinión