Outono de teatro en Vilalba

Redacción. -

O Instituto de Estudios Chairegos, coa
colaboración do Concello de Vilalba e a
Deputación de Lugo, organiza o IV
OUTONO DE TEATRO. Durante tres días
do mes de novembro, poñeranse en escea
outras tantas obras a cargo de tres grupos
teatrais distintos.
O programa completo, como se pode
comprobar no cartaz xeral adxunto, consta
das seguintes representacións e grupos:
-VENRES 8 DE NOVEMBRO, ÁS 21:00
HORAS, NO AUDITORIO MUNICIPAL
O grupo TEATRO O BORDELO porá en
escea a obra TOLURAS DE PROVEITO.
-SÁBADO 16 DE NOVEMBRO, ÁS 21:00
HORAS, NO AUDITORIO MUNICIPAL
O grupo NOVA ESCENA TEATRO porá en
escea a obra AS FILLAS DE EVA. (Está obra
está subvencionada pola Área de Cultura da
Deputación de Lugo, dentro do programa
Buxiganga’2019)
-VENRES 29 DE NOVEMBRO, ÁS 21:00
HORAS, NO AUDITORIO MUNICIPAL
O grupo ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO
DE VILALBA porá en escea a obra
ARSÉNICO POR CARIDADE.
A entrada a todas as funcións será de
balde.

1 de nov. de 2019

0 comentários :

Danos a túa opinión