Ciclo Oliver Laxe en Betanzos

Redacción. -

Na última semana de xaneiro, e en colaboración co Concello de Betanzos, o Cine Clube Lar de Unta ten programado o 1° ciclo adicado a Oliver Laxe coa proxección das tres películas premiadas en Cannes e dúas das súas curtas. As proxeccións comenzarán o 24 de Xaneiro no cine Alfonseti con 'Mimosas', o 28 de Xaneiro no Lar de Unta 'París#1', da súa primeira etapa e 'Salvaxe leva o seu tempo' unha máis máis recentes rodada no Chanfaina Lab de San Sadurniño. O 30 de Xaneiro no Lar de Unta 'Todos vós sodes capitáns' e o 31 de Xaneiro no cine Alfonseti 'O que arde'. 
En tódolos filmes contaremos con convidados relacionados coas películas, entre eles Felipe Laxe de Zeitum Films, irmao de Oliver e productor de Mimosas e outros filmes de Laxe pero tamén de Lois Patiño ou Eloi Enciso o día 24 no Alfonseti. Manolo González, un dos promotores do Novo Cimema Galego e director a Asencia Galega do Audiovisual co goberno bipartito, estará o 28 no Lar de Unta. O día 31, Brais Romero da revista galega de cinema A Cuarta Parede será o introductor do filme  Todos vós sodes Capitáns. O día 31, contaremos co protagonista do filme O que arde, Amador Arias. Todos os convidados manterán un coloquio co público ao remate das proxeccións. Asimesmo, o Cine Clube Lar de Unta entregará a cada asistente unha ficha técnica e sinopse dos filmes, cuxas proxecció s serán gratuitas até compmetar os aforos.
O Cine Clube LAR DE UNTA proxecta desta maneira o mellor cine dun dos directores de maior éxito de Galiza, Oliver Laxe, con un ciclo único que repasa a súa traxectoria.
Este ciclo pretende achegar ao público a posibilidade de adentarse de maneira directa no traballo criativo de Oliver Laxe e o coñecemento da evolución da súa filmografía. O Cine Clube Lar de Unta xurdiu no mes de setembro do pasado ano 2019 ao amparo da Asociación Lar de Unta de Betanzos, unha entidade que ven de cumprir 20 anos de existencia e que comezou esta nova iniciativa con notábel éxito en todalas súas proxeccións.
Este ambicioso ciclo monográfico arredor da filmografía de Oliver Laxe coa participación de especialistas que nos ilustrarán sobre a obra do cineasta dos Ancares é o primeiro que se lle adica en Galiza.

8 de xan. de 2020

0 comentários :

Danos a túa opinión