A infancia de Rosalía

Redacción.-

O auditorio da Ramallosa, en Teo, acolle mañá mércores 5 de febreiro, unha función de preestrea para ecolares e medios de comunicación do espectáculo Rosalía, nova produción de Culturactiva. A infancia de Rosalía de Castro é a protagonista desta montaxe, destinada a público infantil e que recrea a vida da escritora Rosalía de Castro nun dos seus momentos de cambio fundamentais para a súa vida, o traslado desde Padrón a Santiago de Compostela. Fina Calleja dirixe un texto de Nate Borrajo, interpretado por Cristina Collazo e Rocío González, co que reflicten a infancia dunha nena fantasiosa e rebelde que imaxina o mundo e pon a xogar as palabras. Rosalía poderá verse durante o mes de febreiro en Vigarcía, Melide e A Coruña.

A obra ten como vocación rescatar para o público máis novo a infancia da escritora, explicando o seu carácter como unha nena creativa, inconformista, lectora, activa e rebelde ás cousas que considera que non son xustas. Valores que forman parte da obra de Rosalía de Castro e que a rapazada só pode chegar desde a súa explicación adulta. A poesía, a música e a creatividade da nena que será unha das grandes escritoras universais son os argumentos da peza para que os espectadores e as espectadoras novas se acheguen á biografía e Rosalía sen deixar o carácter infantil: xogos de palabras, música popular e o cambio de vida que a protagonista terá que facer como paso dunha etapa a outra da súa vida. Un cambio que na obra ten como reflexo unha grande parte de diversión e outra de transmitir as sensacións da protagonista coas que os rapaces de entre nove e doce anos poden sentirse identificados.

Na produción Rosalía ten que deixar a aldea e marchar para Santiago de Compostela. É un cambio difícil para quen disfruta coa vida natural, para unha nena afeita a vivir poñendo a xogar as palabras e inventando mundos e ditos. Rosalía é unha nena e xa está preparada para marchar, ten os baúles preparados, pero ela non está convencida da decisión. Este é o punto de inicio de “Rosalía”, a primeira obra de teatro que ten como protagonista a infancia da principal poeta galega. Tamén se trata na obra de ver como a influencia da vida cando nena ten na obra da escritora á que as espectadores e espectadores coñecerán no futur

4 de feb. de 2020

0 comentários :

Danos a túa opinión