Podas no Prado da Ponte

Redacción. -

O sábado 6 de febreiro, de 10:30 a 14:00, terá lugar a xornada anual de poda de vimbios para cestería no Prado da Ponte, en Rábade. Nesta xornada realizarase a poda e mantemento de vimbios para cestería.

Ó inicio da actividade explicaranse as estritas medidas de uso debidas á pandemia, que serán de obrigado cumprimento. É obrigatorio o uso de mascarilla en toda a actividade, así como manter a distancia de seguridade. Prazas limitadas á lexislación vixente. Non permitida a asistencia de persoas que vivan en concellos con peche perimetral.

O Prado da Ponte é unha finca custodiada pola Asociación Galega de Custodia do Territorio na que se desenvolven actividades de conservación da natureza e de educación ambiental. Componse de varias zonas en rexeneración ambiental: un bosque de ribeira no que se están a eliminar as especies alóctonas invasoras existentes; un Salicetum ou plantación experimental de vimbios que nos permite obter o material para a realización de cursos de cestería e dous humidais, unha charca e unha canle tradicional, de vital importancia para as anfibios e insectos acuáticos da zona.

25 de xan. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión