Presentación de Pangalaica

Redacción.-

Este sábado á tarde será a TERCEIRA presentacións en directo dentro do programa #DoTrinque de novidades literarias, organizado pola Nova Poesia Guitirica NPG e a asociación Os Vilares Lareira de Soños. As presentacións en liña terán lugar todos os sábados de febreiro e marzo polo Facebook da Nova Poesia Guitirica, coa presenza en directo dos autores. Despois do acto en directo poderanse ver os vídeos no Facebook e no YouTube de Os Vilares Lareira de Soños.

Febreiro:
· Sábado 6. Presentouse Lareira de Soños, de Pastora Veres. Edicións Fervenza. Antropoloxía. Interviron a propia autora e Antón Tenreiro, presidente da Asociación Lareira de Soños, dos Vilares. Con máis de 200 seguidores/as en directo e casi 2000 entradas no vídeo desde o sábado.

· -Día 13. Presentouse Poema da Rúa das Aves, de Miguel Barrera. Edicións Alvarellos. Poesía. Con máis de 100 segudores/as en directo e máis de mil no vídeo gravado.

· Día 20. Pangalaica, Xurxo Souto. Galaxia. Narrativa. ESTE PRÓXIMO SÁBADO.

· Día 27. A Guerra era contra nós, de Carlos da Aira. Edicións Xerais. Poesía.

Marzo:
· Día 6. Os Rostros do Frío, de Xulio Pardo de Neyra. Edicións Fervenza. Fotografía, historia.

· Día 13. Abril, Luz Darriba. Editorial Belagua. Novela.

· Día 20. Bambán de vento, de Hortensia Bautista e Aurora Quinteiro. Fundación Eomaia. Poesía, ilustración.

· Día 27. Non estamos preparados para medrar, Teresa Ríos. Edicións Urutau. Poesía



18 de feb. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión