Revista NPG GaZeta

Redacción. -

A revista das Agrupacións Poéticas de Base NPG-GAZETA impulsada pola Nova Poesia Guitirica NPG comenza o prazo de colaboracións para un número que incorpora diversas novidades como entrevistas, as colaboracións poéticas e unha sección de recomendacións á que chamamos "poesía de fresco" na que cada poeta participante recomenda un poemario. Pero a principal novidade é que será editada para a súa venda e distribución en librarías, coa correspondente venda tamén a través de internet en diferentes plataformas.
A revista sairá á luz no mes de xunio e será presentada no I Festival de Poesía Guitirica, previsto so o COVID o permite para os días 12 e 13 do mes de xuño.

Sen dúbida un paso máis na consolidación das agupacións poéticas de base, que forman parte do consello de redacción representando aos seguintes colectivos: In Nave Cívitas colectivo Urbano Lugrís da Coruña, Nómades do Verso colectivo Antón Borrazás da Coruña, Irmandade poético-artística Luso-Galaica de Chantada, Colectivo poético Moraima de Ferrolterra e agrupación poética Versos de Area de Ponteareas, que conxuntamente coa NPG Nova Poesia Guitirica son as responsábles deste proxecto que ten en Moncho Bouzas, Pilar Maseda e Xelo Teijido a comisión executiva da revista.

As bases de participación pódense consultar na web da NPG (www.npggazeta.gal) ou no seguinte enlace:

23 de feb. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión