10 anos 10 autores 10 libros

Redacción. -

A Biblioteca de Galicia convida a dez dos nosos autores/as máis representativas para que compartan co público asistente as súas experiencias ao redor dunha obra senlleira da literatura galega, dentro da súa programación especial polo décimo aniversario da Biblioteca de Galicia.

O obxectivo non será que falen da súa propia obra, senón dalgún título da nosa literatura, seleccionado por eles mesmos, que lles marcarana súa traxectoria como lectores e, sobre todo, como creadores de literatura.

O Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia é o escenario para poder coñecer as influencias literarias dalgúns dos nosos autores/as máis lidas actualmente. Nesta experiencia están acompañados por persoas relevantes da nosa cultura coas que artellarán unha conversa seguro que única e sorprendente.

Enxeñeira de Camiños, Canles e Portos, destaca desde moi novo na súa faceta literaria especialmente vinculada á poesía e literatura infantil en galego. Bolseira e premiada desde as súas primeiras obras de adolescencia ,desenvolve, a pesar da súa mocidade, unha xa longa traxectoria como escritora, conferenciante, presentadora de tv… Ten publicados distintos xéneros literarios en diferentes editoriais, estando a maior parte dos seus títulos dentro da literatura infanto-xuvenil. En Bululú publicou: O Crebanoces, Pasen e vexan, Caderno de Lúas. Emilia Pardo Bazán. Unha mente poderosa, é a súa primeira biografía.

28 de xuño de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión