Festaclown 2021

Redacción. -

O xoves presentouse o Festaclown 2021, que un ano máis converterá Vilagarcía na capital galega do clown e das risas do 16 ao 21 de agosto. Ao acto de presentación acudiron o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela; a concelleira de cultura, Sonia Outón; o director da AGADIC, Jacobo Sutil, o coordinador do festival, Nacho Fungueiriño e a artista Sue Moreno realizou un espectáculo de acrobacias aéreas.

“Tras máis dun ano marcado pola covid, que volvan o clown, o circo e a cultura é agora máis necesario que nunca. Non sabemos se a risa é a mellor medicina, pero sen dúbida demostrou ser imprescindible para resistir”, afirma Nacho Fungueiriño, coordinador do Festaclown.

Un ano máis, as protagonistas do Festaclown serán as mellores compañías galegas: Pedras de Cartón, Circo Chosco, Dani García, A Vela Circo, Sue Moreno ou Assircópatas. Completan a programación grandes nomes a nivel estatal e internacional como Tchyminigagua, Bergamotto Clown, Mayte Guevara, Rudi Dudi ou Eddy Eighty. 

O compromiso social segue sendo o signo distintivo do Festaclown, con actividades como o CheckPoint Clown de Pallasos en Rebeldía ou os espectáculos de narración oral pola igualdade e a diversidade, a cargo de Larraitz Urruzola e Xarope Tulú.

Para ir quecendo motores o 12 de agosto comezarán as actividades previas. Ese mesmo día terá lugar a celebración dos 20 anos de clown de Fran Rei e Pedro Brandariz cunha escolma dos seus mellores momentos cómicos. O día 13 o grupo de teatro Clámide celebrará os seus 40 anos de historia co seu particular Enfermo Imaxinario e o día 16 as rúas de Vilagarcía encheranse de ambiente e música con Troula e Somdolilá.

7 de ago. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión