Insuaescola de verán

Redacción. -

As mañás da última semana de agosto (do 23 ó 27, de 9:30 a 13:30) haberá reconexión coa natureza nas Insuas de Rábade, descubrindo as súas plantas e animais, desfrutándoas con todos os sentidos e reflexionando sobre a nosa relación con elas.

Todo aquel que desexe formar parte deste grupiño de peques entre os 7 e os 13 anos que saiba que as prazas son limitadas e a inscrición gratuíta! 

Trátase dunha actividade realizada ao abeiro do acordo asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación e difusión dos valores das Insuas do Miño e Ollos de Begonte.

Máis info e incricións en:
info@galwy.com
982 804 773

4 de ago. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión