'Poeta en Nova York', en Vilalba

Redacción. -

O  Instituto  de  Estudos  Chairegos  “Pena  do Encanto”  (Iescha),  en  colaboración  co  Concello  de Vilalba,  e  dentro  do  ciclo  “Seráns  Teatrais” convocado  pola  Área  de  Cultura,  Patrimonio Histórico  Artístico  e  Normalización  Lingüística  da Deputación  de  Lugo,  organiza  a  representación  da adaptación  da  obra  de  Federico  García  Lorca POETA  EN  NOVA  YORK,  a  cargo  do  grupo , de  Lugo.  Terá  lugar  o  vindeiro xoves  26  de  agosto  de  2021,  ás  22:30  horas,  no patio  exterior  do  CEIP  MANUEL  MATO  VIZOSO  de Vilalba,  realizándose  a  entrada  exclusivamente pola  porta  da  pista  de  baloncesto. A  entrada  é  gratuíta,  pero  o  aforo  estará  limitado a  90  persoas  por  orde  de  inscrición,  que  terá  que ser  realizada  enviando  un  correo  electrónico  a produtora.palomalugilde@gmail.com  co  nome, apelidos  e  número  de  teléfono  das  persoas  que desexen  asistir,  recibindo  confirmación  polo mesmo  medio. A  obra  está  recomendada  a  partir  de  16  anos.    Se  o  tempo  non  acompañase,  a  representación levaríase a cabo  no  pavillón  do  mesmo  colexio. Comentario Teatro  Baixo  da  Area  presenta  unha  adaptación  teatral  de  Poeta  en  Nova  York  de  Federico  García Lorca,  unha  obra  permanentemente  moderna  e  de  irremediable  actualidade,  nunha  proposta escénica  contemporánea,  abordando as  temáticas  e  os  conceptos  presentes  no  poemario  dende a  experimentación  e  a  honestidade.  Viaxaremos  con  Lorca  por  un  Nova  York  nada  lonxano  aos temas  actuais  da  nosa  sociedade,  vinculándoos  coa  nosa  realidade  actual  e  recollendo  a  súa labor de  denuncia  dende  o  noso  compromiso  social. (…) O  espacio  escénico  desenvólvese  en  360  graos  co  público  no  escenario. 

22 de ago. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión