Revoco con barro

Redacción. -

O sábado 4 e domingo 5 de setembro, de 10:00 a 18:00, terá lugar na Casa das Insuas un Obradoiro de Revoco con barro, sendo dúas xornadas eminentemente prácticas para aprender a realizar os nosos proxectos de bioconstrución. 

O obradoiro é de balde pero é preciso anotarse, pois disponse só de 10 prazas. Para apuntarse, hai que cubrir o formulario que se atopa en http://www.custodiadoterritorio.org/actividades.

Para calquera dúbida, pódese chamar ou mandar un WhatsApp ó 670-514-888 (Roberto).
É necesario levar roupa e calzado de traballo.

Esta actividade enmárcase dentro do convenio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a realización de actividades nas Insuas do Miño, Ollos de Begonte e Casa das Insuas.


1 de set. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión