21 poetas do século 21

Redacción. -

A antoloxía poética '21 poetas do século 21' é a recompilación dXs 21 novísimXs poetas galegXs, nacidXs despois do ano 2000 e entre os que que atopa a poeta da NPG Nova Poesía Guitirica Clara Blanco, que acadou este ano tres premios poéticos e que está a preparar a publicación do seu primeiro poemario con só 17 anos de idade.  '21' está editado por Edicións Da Aira e foi coordinado polo poeta Carlos Da Aira.

Carlos Da Aira seleccionou poemas de Zaira Ferradás, Sara Sanz, Sara Faro, Juan Carlos Rocamonde, Antía Balvís, Clara Blanco, Jorge Moral, Lucas Gago, Fabián Niño, Lorena Fernández, Isolda Comesaña, Ángela del Canto, Lois Xosé Gayoso, Silvia García, Nee Barros, Andy da Fonte, Ana Fraile Somoza, Paula Varela, Noé González, Mariña Maceiras e Rosalía Bernárdez.

21 voces de poetas nacidos xa no século XXI. Unha escolma da poesía máis ca novísima que se está a escribir en lingua galega hoxe.

As novísimas voces da poesía galega!!

15 de nov. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión