'Instintos' de Luz Airado na Casa da Cultura

Redacción.-

O vindeiro venres 19 de novembro ás 19:00 na Casa da Cultura de Vilalba terá lugar a presentación do poemario INSTINTOS, de Luz Airado (NPG Nova Poesía Guitirica)

Na presentación, ademáis da autora, intervirán a ilustradora Viki Rivadulla, habitual colaboradora da Nova Poesía Guitirica na creación das pezas do certame Vilarinhas e tamén da Lareira de soños co prémio Trapeiro de Honra ou a imaxe da restauración dos frescos dos Vilares. Tamén estará a autora do prólogo, a poeta da NPG Luz Campello, autora dos livros 'Do corazón da terra' e 'O inventario do prohibido'. 
Luz Airado creou con INSTINTOS um poemario de contidos moi vinculados ás orixes, á maternidade e ao feminismo, temáticas coincidentes coas da artista de Muxía Viki Rivadulla e á poeta de Labrada Luz Campello que a arroupan nesta aventura poética.
O acto será emitido tamén en directo polo facebook da NPG Nova Poesía Guitirica.

INSTINTOS é unha iniciativa promovida pola NPG Nova Poesía Guitirica coa colaboración do concello de Vilalba e a Secretaria Xeral de Política linguística e publicada por Edicións Medulia, que terá unha segunda novidade nas próximas semanas coa publicación de ARGONAUTA de Moncho Bouzas coa colaboración do concello de Muros, e a Secretaria Xeral de Política linguística.

A próxima semana sae editada tamén a antoloxía poética '21' recompilación dXs 21 novísimXs poetas galegXs, nacidXs despois do ano 2000 e entre os que que atopa a poeta da NPG Nova Poesía Guitirica Clara Blanco, que acadou este ano tres premios poéticos. '21' está editado por Edicións Da Aira e foi coordinado polo poeta Carlos da Aira.

13 de nov. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión