Adiada a actuación de Xorima

Redacción. -

Nun comunicado emitido desde o Concello de Vilalba avisan de que QUEDAN APRAZADOS TODOS OS ACTOS DO MES DE DECEMBRO programados no Auditorio Municipal.

A toma desta decisión foi derivada de problemas técnicos que impiden desenvolver os concertos garantindo a seguridade.

Procederase á devolución das entradas dos eventos con custo nos próximos días. Para os gratuítos, quedarán sen efectividade, de xeito que cando se reprogramen, deberanse adquirir de novo as entradas. Agás para a
presentación do libro de Paulo Naseiro e actuación de Xorima, que se manterán as entradas xa adquiridas.

Tamén informan de que, en canto se poñan novas datas, comunicarase polas nosas canles oficiais.

22 de dec. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión