'Os libros que hai en min' de Emma Pedreira

Redacción. -

O vindeiro  sábado  18  de  decembro,  ás  13:00 horas,  na  Casa  da  Cultura  de  Vilalba,  terá  lugar  a presentación  do  libro  de  EMMA  PEDREIRA  “OS LIBROS  QUE  HAI  EN  MÍN”,  nun  acto  organizado polo  IESCHA,  a  editorial  CUARTO  DE  INVERNO e o CONCELLO DE VILALBA.    Intervirán  no  mesmo:  Marisa  Barreiro,  presidenta do  Iescha;  Pilar  Maseda,  escritora,  e  Emma Pedreira,  autora  do  libro. 

Sinopse: Cando  unha  pensa  que  un  día  sen  ler  é  un  día perdido,  o  fai  en  calquera  parte  e  o  comparte nas  editoras  atentas  e  curiosas  lle  pidan  algo  así  como  unha “biografía  bibliográfica”.  Un  ensaio  que  percorra  a  vida  dunha  bibliópata  desde  a  infancia  ata  os,  poñamos por  caso,  corenta  anos;  desde  que  odiaba  ler  ata  chegar  ao  punto  de  desexar  non  parar  de  facelo,  no  que conte  as  súas  vivencias  arredor  desas  obras  que  supuxeron  un  antes  e  un  despois.  Un  texto  cheo  de  humor, amor,  anécdotas, digresións  e  libros.   

Emma Pedreira  (A  Coruña,  1978).  Poeta  e  narradora. Como  poeta  ten  publicado  dez  títulos  ente  os  que  destacan O  Libro  das mentiras,  Antídoto  ou  As  voces  ágrafas.  O  seu  poema  "Lista  da  compra  da  viúva"  foi considerado  en  2017  o  Mellor  Poema  do  Mundo.  Foi  musicado  polo  músico  Xoao  Berlai  no seu  último  traballo,  “Cas  Berlai”.  Oturos  poemas  seus  como  "É  importante  falar  baixiño  agora" ou  "Castelo  de  Mentiras"  foron  versionados  e  musicados  pola  música  e  poeta  asturiana  Ana Lamela  ou  "Sapo  de  Lesbos"  polo  grupo  vigués  Xardín  Desordenado. Como  narradora  publicou  Besta  do  seu  sangue  (Premio  Xerais  2018  e  Arzebispo  San Clemente)  ou  Bibliópatas  e  fobólogos,  que  resultou  Premio  da  Crítica  Española  en  Lingua Galego  no  ano 2017. En 2019 publica  a  súa  primeira  obra  para  público  xuvenil,  Os  corpos  invisibles,  coa  que  acadou  o  Premio Jules  Verne  de  Literatura  Xuvenil  e  o  premio  da  Gala  do  Libro  Galego  2020  como  mellor  obra  xuvenil. En  Baía  Edicións  ten  publicada  a  novela  As  fauces  feroces  e  é  unha  das  autoras  incluída  na  antoloxía  de  relatos  Entre  Donas. En  2021  publica,  xunto  coa  ilustradora  Laura  Romero,  o  libro  XelArias,  palabra  á  intemperie,  que  visita,  en  clave  de  biografía poética  a  vida  e  obra  de  Xela  Arias,  poeta  e  tradutora  á  que  se  lle  adican  as  Letras  Galegas  de  2021. Como  tradutora  traduciu  ao  castelán  a  súa  propia  obra  dentro  do  libro  bilingüe  galego-castelán  Antídoto  ou  a  tradución  ao español  de  Corazón  y  demás  tripas. Como artista  plástica  fai  pequenos  libros  de  artista  e  collages,  como  os  que  ilustran  o  poemario  a  catro  mans  O  Elo,  xunto  con Quico Valeiras  ou  creou portadas para libros,  diarios  e  revistas,  así  como  ilustracións  interiores.  Ademais,  as  súas  obras  poéticovisuais  O  fotográfo  e  As  cicatrices  son  para  a  amante,  combinan  poesía  e  collage. (https://cuartodeinverno.com/libros/10/os-libros-que-hai-en-min) 

13 de dec. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión