Presentación do libro de Antón Meilán

Redacción. -

As asociacións Xermolos, Lareira de soños e Nova Poesía Guitirica NPG de Guitiriz, entidades que conforman con outras 16 asociacións da Terra Chá a plataforma para a restauración da Torre de Caldaloba, organizan para este venres 28 de xaneiro a presentación do libro "Dona Constanza de Castro toma a fortaleza de Vilaxoán  Loita, resistencia e morte" do profesor emérito da Universidade de Oviedo Antón Meilán que estará acompañado do coordinador da A.C.Xermolos Alfonso Blanco Torrado e da escritora María Xosé Lamas, da Lareira de soños e Nova Poesía Guitirica.
O acto será na Casa Habaneira de Guitiriz ás 19:00 horas.

24 de xan. de 2022

0 comentários :

Danos a túa opinión