Celebración do 8M en Vilalba

Redacción. -

As  mulleres  chairegas  sairán ás  rúas  de  Vilalba  este  8  M,  como  veñen  facendo  dende hai  anos,  porque  lamentablemente  seguen  a  sobrar  motivos  para  que  nos  mobilicemos.   

A  pandemia  veu  agravar  as  violencias  machistas,  aumentou  a  carga  do  traballo  de coidados,  afondou  en  todas  as  fendas  sociais  e  precarizou  aínda  máis  os  traballos  e as  vidas  de  todas  as  mulleres.  

Por  iso  segue o compromiso na  loita  contra  a  explotación  dos  corpos  e vidas,  negándose  a  que  sexan  as  vidas  das mulleres as  que  se  sacrifiquen  e  sometan para  que  o  sistema  siga  funcionando.  

Porque  sabemos  que  unha  vida  digna  de  ser vivida  pasa  por mudar  as lóxicas  patriarcais,  capitalistas  e  coloniais. Baixo  o  lema  escollido  polo  feminismo  galego    NIN  ESCRAVAS  NIN  HEROÍNAS,  MULLERES  CON DEREITOS  XA!, as mulleres da Chaira onvidan  a  participar  nos  actos  organizados  para  a  tarde  do  8  M  en  Vilalba: 

Ás  17,45  h  na  Casa  da  Cultura  haberá  un  obradoiro  dirixido  por  Noelia  Darriba:  8 M:  do  individual  ao  colectivo. 

Ás  20  h  na  Praza  da  Constitución  haberá  unha  concentración  na  que  se  dará lectura  ao  Manifesto  de  Galegas  8  M.  

Os  actos  rematarán  cunha  performance  a  cargo  da  Escola  Municipal  de  Teatro, Mírame! 

Hoxe  e  sempre:  abaixo o patriarcado  capitalista  e  colonial! Adiante  a  loita  feminista! 

7 de mar. de 2022

0 comentários :

Danos a túa opinión