Presentación de 'Conversas arredor de Xorima'

Redacción. -

O vindeiro  19  de  marzo  presentarase por fin  na  capital  chairega  o  libro  Conversas  arredor  de Xorima,  de  Paulo  Naseiro,  editado  polo  Instituto  de  Estudos  Chairegos.  

O acto terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba, comezará ás 20.00h e contará coa actuación dos membros orixinais do grupo Xorima. As persoas que conten con entradas da data anterior na que foi adiado por mor da Covid irán recibindo instrucións por parte da organización nos vindeiros días. 

O  evento  marca  o despegue  do  Proxecto  Xorima,  un  proxecto  transmedia  que  busca  homenaxear  o  grupo de  folk  Xorima  a  través  de  múltiples  medios  e  plataformas,  recuperando  a  súa  memoria  e reunindo  os  membros  da  primeira  formación  despois  de  corenta  anos. Xorima  foi  un  grupo  revelación  no  nacente  folk  instrumental  galego  dos  anos  oitenta. Chegaron  a  actuar  nos  máis  importantes  festivais  de  folk  en  Galicia  e  traspasaron  as  súas fronteiras  para  acudir  a  citas  como  o  Festival  Intercéltico  de  Lorient.  Do  seu  paso  pola historia  do  folk  galego  deixaron  pegada  nun  disco  gravado  en  1985. 

O proxecto  Xorima  xa  conta  cunha  páxina  web,  proxectoxorima.com,  e  está  a  producir  un documental  que  será  estreado  o  ano  próximo.  Nas  redes  sociais,  pódense  seguir  todas  as novidades  a  través  de  Twitter  (@Proxecto_Xorima),  Instagram  (proxecto_xorima)  e Facebook  (@ProxectoXorima). 

A organización  do  evento  corre  a  cargo  do  Instituto  de  Estudos  Chairegos,  como  principal asociación  participante  no  proxecto,  en  colaboración  co  Concello  de  Vilalba. 

2 de mar. de 2022

0 comentários :

Danos a túa opinión