VI Concurso de micropoesías “Vilariñas”

Redacción. -

A Nova Poesía Guitirica NPG e Os Vilares Lareira de soños convocan o VI Concurso de micropoesías “Vilariñas” no que poden participar todos @s escritores/as que queiran.
A participación neste concurso é completamente de balde.
Os micropoemas presentados ao concurso serán inéditos, orixinais e non premiados nin publicados. Xs autorXs son responsables tanto deste punto como da autenticidade dos seus propios datos.
O tema será “Libre”. Cada participante podrá enviar un micropoema que debe estar escrito en GALEGO ou PORTUGUÉS en calquera das normativas, e presentarase ao concurso a través do correo electrónico
dosvilares@gmail.com ou npggazeta@gmail.com en formato Word co nome do autor/a, ou pseudónimo e un telefono ou correo electrónico de contacto 
Os micropoemas terán una extensión mínima de 2 versos e máxima de 3 versos sen incluir o título e cada micropoema debe levar unha imaxe (foto, debuxo, etc.) de autoría propria, autorizada ou libre de dereitos. Cada poeta poderá presentar un máximo de UN micropoema a concurso. A organización non correxirá erros nin admitirá substituicións dos poemas enviados. 
Admitiranse obras desde o dia 1 até o día 30 de abril de 2018, ás 23:59 horas.
A organización do concurso reservase o dereito a eliminar aqueles micropoemas que podan ir en contra da protección da infancia, do respeto, ou induzan ou promovan actos delictivos, denigratorios ou violentos en cualquera das súas formas.


O xurado terá en conta a orixinalidade, técnicas empregadas, calidade e contenido do poema. O xurado estará composto por 3 poetas da NPG Nova Poesía Guitirica e un coordinador/a Sen voto. O fallo do xurado será inapelable e farase público a través dos distintos soportes dixitais de Os Vilares, lareira de soños, CulturaliaGZ e da NPG Nova Poesía Guitirica nas duas semanas posteriores ao peche do concurso.
Entre os micropoemas participantes, seleccionaránse os mellores que poderán integrar unha antoloxía, e entre eles escollerase aos gañadores co premio que consistirá no trofeo <VILARIÑA> deseño exclusivo da artista Viki Rivadulla. Farase un acto poético público cos premiados no II Festival de Poesía Guitirica.
Polo feito de participar, os premiados autorizan a NPG Nova Poesía Guitirica e á Lareira de soños a editalos nos soportes fisicos que considere oportunos.”

5 de abr. de 2022

0 comentários :

Danos a túa opinión