Presentación do documental 'Xorima'


Redacción. -

O venres 23 de setembro de 2022, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, terá lugar a pre-estrea da curtametraxe documental “Xorima” (30min), dirixida por Sofía Naseiro, que traza unha liña sobre a historia do grupo e do contexto social e cultural dos anos 80 en Galicia, describindo o reencontro dos membros da primeira formación de Xorima. É unha homenaxe a Xorima, pero tamén a toda a música folk e a cultura galega que emerxía despois da represión social e cultural da ditadura. Unha homenaxe a todas as persoas que fixeron país.

O proxecto Xorima conta cunha páxina web, proxectoxorima.com, e un libro publicado baixo o título Conversas arredor de Xorima, de Paulo Naseiro. Nas redes sociais, pódense seguir todas as novidades a través de Twitter (@Proxecto_Xorima), Instagram (proxecto_xorima) e Facebook (@ProxectoXorima).

A preestrea do documental Xorima terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba ás 20.30h.

A organización do evento corre a cargo do Proxecto Xorima e do Instituto de Estudos Chairegos, como principal asociación participante no proxecto, en colaboración co Concello de Vilalba.

18 de set. de 2022

0 comentários :

Danos a túa opinión