Presentación de 'Un corvo en Caldaloba'

Redacción. -

María Xosé Lamas presenta o vindeiro xoves ás 20:00 no Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo o libro UN CORVO EN CALDALOBA, unha obra teatral. No acto participarán tamén Antón de Guizán (Prologuista), Sófia Naseiro (autora da capa e das ilustracións), Ana Mar Fraga (Presidenta da Asociación Cultural Caldaloba, organizadora do evento) e os poetas Xosé Otero Canto, Pilar Maseda (NPG), Luz Airado (NPG), José Carlos Ulloa e Toño Núñez.

Un Corvo en Caldaloba é unha peza teatral pensada polivalente que se adapta a contidos didácticos, para leitura teatralizada, para representar tanto por grupos de teatro amador como profesionais e que conta con unhas ilustracións inspiradas nas vestimentas da época para cada personaxe. Promovida dende a NPG Nova Poesía Guitirica, está editada por Medulia Editorial co apoio da plataforma para a restauración da Torre de Caldaloba, o Instituto de Estudos Chairegos IESCH e o Concello de Vilalba.

A traxectoria teatral de María Xosé Lamas é longa tanto como actriz como directora de diversos grupos de Lugo e Vilalba. Autora de numerosas obras, algunhas delas xa representadas, Ten sin embargo En UN CORVO EN CALDALOBA a sua primeira obra teatral publicada, ainda que son numerosos os seus libros de poesia e narrativa.

Un Corvo en Caldaloba de María Xosé Lamas (Medulia Editorial)

Presentación:

-Quinta-Feira, xoves 15 de setembro
-Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo
-20:00 horas

-María Xosé Lamas, Antón de Guizán, Sofia Naseiro,  Ana Mar Fraga, Xosé Otero Canto, Pilar Maseda, Luz Airado, José Carlos Ulloa e Toño Núñez.

12 de set. de 2022

0 comentários :

Danos a túa opinión