Presentación de 'A casa da Toia'

Redacción. -

O Instituto de Estudios Chairegos organiza a presentación do libro A CASA DA TOIA de Manuel Ferreiro, o sábado 25 de febreiro de 2023, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba. No acto, intervirán o propio autor do libro, Manuel Rubiños Ferreiro, así como a artesá Clara Naseiro e a presidenta do Iescha, Marisa Barreiro.

A CASA DA TOIA fai o número 30 da Colección Biblioteca Chairega, sendo editado polo IESCHA e financiado grazas ao convenio de colaboración coa Área de Cultura da Deputación de Lugo para o ano 2022. 

21 de feb. de 2023

0 comentários :

Danos a túa opinión