"Unha colección privada" en DIDAC

Redacción. -

Unha colección privada que non é grandilocuente nin extravagante, que non bascula ao redor dunha única temática concreta e que permaneceu inédita ata o de agora. A súa condición discreta é directamente proporcional ao seu nivel de esixencia e complexidade, sendo capaz de contar demasiado sen deixar de contar demasiado pouco.
Tentar abarcar nunha exposición unha colección particular é tarefa imposible, aínda que si podemos aprehender algúns dos seus relatos: os que nos falan de conceptos; os que nos abocan ao misterio dos obxectos; as paisaxes que son tantas e tan ricas en matices como queiramos proxectar; os que nos mergullan en valores abstractos; ou os que nos conducen ao universo da otredad. Todo cabe no universo calidoscópico dunha colección privada, máxime cando é produto de dúas miradas atentas.

Artistas: Ignasi Aballí, Helena Almeida, Rosana Antolí, Nobuyoshi Araki, Berta Cáccamo, Sophie Calle, Carmen Calvo, Merlin Carpenter, Jacobo Castellano, Phil Collins, José Pedro Croft, Stan Douglas, Dora García, Alberto García-Alix, Christian García Bello, Cristina Garrido, Nan Goldin, Paul Graham, Ana Jotta, Hilla Kurki, João Louro, Vivian Maier, Robert Mapplethorpe, Vítor Mejuto, Matt Mullican, Lucio Muñoz, Melik Ohanian, Pamen Pereira, Allen Ruppersberg, Julião Sarmento, Soledad Sevilla, Malick Sidibé, Rui Valerio, Eulàlia Valldosera, Lawrence Weiner, Francesca Woodman

Sábado 11 ás 12 h na Fundación DIDAC (Rúa Pérez Costanti, 12)
Comisario: David Barro
 

8 de feb. de 2023

0 comentários :

Danos a túa opinión