tag:blogger.com,1999:blog-5278276215016170059.post3520498485604082710..comments2023-01-30T12:23:46.355+01:00Comments on avozdevilalba: Día en branco (e II)Unknownnoreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-5278276215016170059.post-33101467159615456412011-01-08T17:59:25.863+01:002011-01-08T17:59:25.863+01:00Moi interesantes as reflexións dos dous artigos. C...Moi interesantes as reflexións dos dous artigos. Como ben dis, o azar fai que as lecturas se vaian encadeando por riba da nosa vontade. Por iso, déixote outra azarosa referencia máis ao mesmo tema, extraída dunha desmitificadora novela de Robert Graves, Rei Xesus (1984):<br><br>“Entre as moitas fazañas profetizadas para o Mesías fillo de Xosé contábase a reforma do calendario. Xesús non se revelara aínda como o Mesías, de modo que acababa de publicar o plan da súa reforma, pero contentándose coa súa mera exposición e sen extraer as consecuencias. Ao dividir o ano en trece meses, cada un de vinte e oito días -que era o sistema seguido polos antepasados dos xudeus antes de chegar a Exipto- cada mes tiña catro semanas, e só quedaba un día máis, é dicir o do solsticio de inverno, o do nacemento de Xesús e o da sementeira do gran sacro; a última semana de sete días agrandábase e convertía nunha ogdóada, ou semana de oito días. Oito é o número tradicional da abundancia; e por esta razón o pan do templo levaba a marca dunha cruz de oito puntas. No novo calendario, en lugar dos cinco días excedentes, que en Exipto se consagraban a Osiris, Horus, Set, Isis e Neftis, só quedaría un, que se consagraría ao fillo do home profetizado por Daniel. Todas as estacións do ano pagaríanlle tributo. Porque Benxamín significa «fillo da miña man dereita», e o fillo do home había de sentar á destra do seu Pai, o Ancián dos Días; e a dereita entre os xudeus significa tamén o sur, onde estivera o raparigo dentro do círculo de espectadores.”Anonymousnoreply@blogger.com