tag:blogger.com,1999:blog-5278276215016170059.post3526975349594623068..comments2023-01-30T12:23:46.355+01:00Comments on avozdevilalba: Obtendo froito da sementeUnknownnoreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-5278276215016170059.post-27748389706433679932010-06-29T19:33:57.061+02:002010-06-29T19:33:57.061+02:00Querido Martín Seco Jr.: Pódese dicir que é moi fá...Querido Martín Seco Jr.: Pódese dicir que é moi fácil falar ben das persoas cando nos deixan. Ninguén se atreve a facelo en sentido contrario, aínda que cando estaban connosco non faltaba quen lles atizase, coma foi o caso de teu pai, que ante todo, foi un MAGNÍFICO SER HUMANO. Era unha persoa que centrou a súa vida no ámbito público, sen afán de medrar, pois coido que puido, pero non quixo. Chegáballe co que gañaba coma digno funcionario que era. O triste de todo foi que outros se aproveitaron del no sentido máis rastreiro da expresión. Xa escribín no comentario de teu tío como estaba o PSOE cando el chegou a política, sen representantes no concello. Pouco a pouco foi gañando terreo e acadou primeiro tres, logo quedou só, despois dous outra vez tres, se mal non lembro, ata deixalo con seis, na actual corporación. Evitou que o PSdeG non fose extramunicipal, e que fose a digna oposición que merecemos os vilalbeses. Porque independentemente que haxa Goberno local, ten que haber oposición e ademais unha oposición, que de haber seguido el (que o pobre xa non pode) xunto con Elba Veleiro tería posibilidades de darlle unha nova oportunidade a Vilalba cun goberno alternativo, pero coido que esa oportunidade está xa esfumada, agás que os que non o traicioastedes sigades en política.<br><br>Ante todo unha aperta amigo. Xan do Muíño.Anonymousnoreply@blogger.com