tag:blogger.com,1999:blog-5278276215016170059.post764299390579355435..comments2023-01-30T12:23:46.355+01:00Comments on avozdevilalba: A feira do capón de VilalbaUnknownnoreply@blogger.comBlogger3125tag:blogger.com,1999:blog-5278276215016170059.post-2187768930013065632008-12-29T17:32:00.000+01:002008-12-29T17:32:00.000+01:00Que facia ese tal Domingo Goás na Feira?. Por cert...Que facia ese tal Domingo Goás na Feira?. Por certo, quén é?. Estuda ou traballa?. Todo iso é o máis importante que nos tes que contar Xulio?. Coido que estás moi apartado da realidade vilalbesa. Ti adícaste a vender unha Vilalba "de las buenas maneras y la pleitesía", que xa non existe. Dame pena que un magnífico medio de comunicación como este teña colaboradores que toman o nome de Vilalba en van, algo que ti, en teoría, deberías de saber que é pecado. Vilalba é moito máis que ise folclorismo que nos tratas de vender a través dos medios nos que colaboras. Deberías vir vivir unha tempada a Vilalba cos vilalbeses e saber o que realmente é este pobo, que non é tan só feiras dos capóns, nin escritores e poetas chairegos, nin farrapos de troulas ou historias raras. Vilalba e os vilalbeses somos moito máis. Se nos seguides a vender esas historias, o único que estades a conseguir é que moitos, coma xa lín nalgunha outra ocasión, se avergoñen de ser vilalbeses. Xulio baixa as beirarrúas de Vilalba e vive o que o primeiro Concello da Terra Chá, que xa nada ten que ver con esa Porta de Cima, preciosa por certo, na que ti te criaches, aínda que ti sigas vivindo nesa Vilalba dos anos cuarenta e cincuenta na que mandaban os falanxistas e frades. Deséxoche que teñas un Feliz ano 2009 no que veñas máis a miudo por esa tranquila vila na que non hai terrorismo afortunadamente nin tampouco todo e troula e galipotada coma ti nos ves a dicir. Inisto VILALBA é moito máis e os nosos paisanos tamén. Sds.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5278276215016170059.post-4067069601889198812009-01-04T19:12:00.000+01:002009-01-04T19:12:00.000+01:00Xulio Xiz estimado anónimo, é un persoeiro que cau...Xulio Xiz estimado anónimo, é un persoeiro que causa extrañeza para quen de algún xeito non o coñeza, tí parece que o tes de ollo, e sabes das suas andainas.
Pero non creo que seña alguén como para dedicarlle moito tempo polo superficial que é, ademáis de repetir un ano tras outro dende que se foi para unha radio de Lugo, comentarios que sempre son de "pasar a brocha", e que sempre satisfacen a quen non é crítico.
Penso que nin él nin Domingo Goás, que se autonomeou "embaixador do Capón", son coñecedores da outra Vilalba, da que non é troula nin paparolas nin foguetes de sete estalos.Esta última é descoñecida para ambos, inda que Domingo Goás ven máis veces e máis tempo.
De todos os xeitos, calquera dos dous seguro que coñecen outra Vilalba que non é nin a que eles describen ni a outra que coñecemos nós.A Vilalba dos "deuses"....é a que seguro que coñecen máis non falan dela.A esa Vilalba só perteñecen algunhos escollidos, que non somos nin tí anónimo, nin eu.
En todo cso a unhos e outros que lles vaia ben o ano.

FENDETESTASAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5278276215016170059.post-29553254078639359832009-01-07T10:38:00.000+01:002009-01-07T10:38:00.000+01:00Querido Fendetestas: A miña felicitaciónn polo teu...Querido Fendetestas: A miña felicitaciónn polo teu comentario. Ti, ao igual ca un servidor, ou se cadra moito mellor, algo que non é difícil, vives e coñeces a Vilalba cotiá, na que nos tocou desenvolvernos, dende o nacemento até facer a nosa vida adulta. E xa postos, cando respostamos a alguén que fai troula pseudoxornalística, propoño que os capóns que se lle se regalan cada ano aos "vilalbeses ilustres" vaian destinados aos vilalbeses máis destacados de cada ano, que haber hainos, sen que se podan repetir os galardóns, que sexa algo serio. Orixinarios de Vilalba son moitos os profesionais que traballan en silenzo, con éxito, nas súas respecativas profesións, vivan ou non en Vilalba. Da nosa terra hai médicos, escritores, avogados, mestres e tamén albaneis, carpinteiros e canteiros que debían ter un certo recoñecemento por parte desa "eterna oficialidade" imperante e non os de sempre. Así daríamoslle creto ao noso pobo e se cadra, "rebaixaríamos" o nivel de troula e galipotada que outros venderon ao longo de máis de 70 anos, porque a Transición nunca chegou ao nos querido pobo, aínda que haxa moita xente que traballou de arreo para que así fose e non foi precisamente un tal Fraga Iribarne, que se declaraba de orixe vasca cando era Ministro da Gobernación, pero como non lle deu resultado...Pobres vascos se teñen un paisano coma el.Anonymousnoreply@blogger.com