tag:blogger.com,1999:blog-5278276215016170059.post8091373006756113994..comments2023-01-30T12:23:46.355+01:00Comments on avozdevilalba: Tres pés para un pote. Eleccións 2009 (I): O PPdGUnknownnoreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-5278276215016170059.post-11897519018688341662009-01-30T17:14:00.000+01:002009-01-30T17:14:00.000+01:00Estupendo debullamento da situación do PP de Galic...Estupendo debullamento da situación do PP de Galicia que lein atentamente.<br>Non en tanto, penso eu, que o retroceso do PP non o vai ser tanto como pode aparentar, tendo en conta que está "tocado" por diferentes frentes que inda que non señan estrictamente galegos, o son na medida que Rajoy é o Presidente do PP, e é de Galicia.<br>O que sí será de analise a posteriori do 1-M, é a repercusión que terá no electorado popular a non presencia do anterior Presidente Fraga.Os votantes populares non teñen un referente Fraga, "idealizado en demasía polo propio PP".Esta eiva non calculada ainda polos analistas políticos, pode ser de moito calado, sobre todo na poboación do medio rural que acostuma a estar menos informado.É eiquí onde o PP vai demostrar a súa supremacía, sempre e cando a maquinaria electoral popular se active coa mesma ansia que o facia na era Fraga, así pois van ser os pequenos "lideres", estilo Gerardo ou Agustin Baamonde os que teñan que asumir a falla daquel Fraga impetuoso e implacable; si son capaces de trasladar esas caracteristicas, pódese concluir que non teñan tan dificil o renovar o poder.Esa é a dúbida máis importante para min o 1-M, pois as enquisas tampouco reflicten "salvo interesadas manipulacións", un descenso do PP en picado.Agardemos pois si esta variante ten efecto sobre o voto do PP, que non popular.<br>De paso teremos unha lectura particular do noso concello, que sempre mobilizou o PP elevadas cantidades de colaboradores, e saberemos como "traballan" Gerardo e Agustin, ou si están enfrentados como din.Anonymousnoreply@blogger.com