Amosando publicacións coa etiqueta Descargas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Descargas. Amosar todas as publicacións

300 anos da RAE

Redacción.-

Darío Villanueva Prieto, secretario da Real Academia Española, falou o pasado 20 de decembro sobre os 300 anos da institución en Vilalba, un aniversario que comezou a celebrarse o pasado mes de setembro e que rematará no outono de 2014 cunha nova edición do Diccionario de la lengua española. A conferencia tivo lugar na Casa da Cultura, nun acto presentado por Mario Paz González e Manuel Roca Cendán.

As fotos do acto, feitas por Chema Felpeto, poden verse nesta ligazón.

A Voz de Vilalba quere despedir este ano de 2013, no que se cumpliron os 30 anos da súa edición en papel, ofrecendo a todos os seus lectores a posibilidade de escoitar a conferencia de Darío Villanueva nesta ligazón:

31 de dec. de 2013

Vinte anos de 'Loita de Silencio'


Miguel Barrera.-

Que queda do poemario Loita de Silencio, vinte e cinco anos despois de que fose escrito?
Que queda del, vinte anos despois da súa publicación?
Que queda dese canto de impotencia, da desesperada denuncia da indiferenza?
Paga a pena seguir a reivindicar a esperanza?
Agora teño perspectiva e sigo recoñecéndome neses versos.
Sen dúbida non son o mesmo, pero aqueles versos seguen a ser os mesmos.
Non quero estenderme moito, pois quen guste poderá descargar a edición facsimilar coa que hoxe agasalla o xornal A Voz de Vilalba, co gallo do Día das Letras Galegas.
Cada poema ten unha historia íntima e transcendente, incluso algún ten historia propia aínda despois de telos escritos e publicados. Hoxe sinto máis que nunca que me pertencen.
Loita de Silencio foi medrando na Chaira lendo Dando novas túas de Xosé Luis García Mato; e sigo a pensar que, se algunha vez me sentín poeta, foi nos intres nos que foi medrando esta pequena obra.
Dos “Cantos para a Esperanza” salientar tres poemas:
O poema “Utopía” reciteino hai dous anos no Centro Galego de Madrid, mentres a trescentos metros, na Porta do Sol, os primeiros indignados comezaban a reivindicar o que hoxe coñecemos como 15-M.
Do poema “A vella da grela” gardo unha lembranza máxica, unha experiencia transcendente, esencial para entenderme como galego.
“Mencer na fraga” é o rexurdir do día tras a Longa noite de pedra; perdoade a pretensión do autor, mais daquela tiña só vinte e catro anos. Imaxinádevos no medio dunha fraga (para min a fraga representa a diversidade) vendo o amencer de costas ao sol, ollando esa invasión núa da luz, polo miúdo... É unha extraordinaria metáfora da esperanza, non si?.

O libro pódese descargar nesta ligazón.

Aquí poden verse fotos do día da presentación, en maio de 1993.


ARTIGO DE MANUEL MARÍA SOBRE LOITA DE SILENCIO

17 de maio de 2013

Homenaxe a Faustino Santalices

Redacción.-

A banda íntima de Martin Frost homenaxea ao músico galego Faustino Santalices (1877-1960) versionando as famosas cantigas de cego que el popularizou.
Nesta ocasión están acompañados por Somoza de Leiva tocando a gaita de xoguete.




18 de feb. de 2013

Cantiga 26 de Afonso X (rock version)

Redacción.-

Unha vez máis "A banda íntima de Martin Frost" achéganos unha das súas populares versións roqueiras. Trátase neste caso da "Cantiga 26. Non é gran cousa", de Afonso X o Sabio, na que se conta a historia dun romeiro que vai a Compostela e do que lle acontece polo Camiño.

Podedes disfrutar doutros temas desta banda nas seguintes ligazóns: 

31 de mar. de 2012

A Carolina (EN GALEGO!)

Redacción.-

"A banda íntima de Martin Frost", autores da versión rock do Himno galego, achéganos esta adaptación do tema popular "A Carolina", que acompañamos con imaxes tomadas por Paulo Naseiro na concentración a prol do galego que tivo lugar en Compostela en outubro de 2009.

Lembrámosvos tamén que podedes escoitar outros temas desta banda aquí.

7 de nov. de 2011

O 17 de maio "Ti es dos meus"

Redacción.-

Seguindo a orixinal proposta de Eva Wojkiewicz, "A banda íntima de Martin Frost" achéganos para o día das Letras Galegas a súa peculiar versión do tema "Ti es dos meus" co desexo de que se escoite o galego en todo o mundo.

Pódese ver o vídeo correspondente na nosa canle de Youtube ou ben na de Agasallo para o mundo.


17 de maio de 2011

Xorima: os dous temas inéditos

Redacción

Presentamos en exclusiva os dous temas inéditos do grupo Xorima, gravados en 1988. O primeiro deles leva por título "De xolda/Entre o millo" e trátase dunha mistura de dúas cancións, firmadas por Ferreirós e Anxo Pinto. "Sicodélica", a outra peza, está baseada nun fragmento tradicional con arreglos do grupo.

Ambos os dous temas foron interpretados en directo en diversas ocasións, e ían ser incluidos nun hipotético segundo disco, que ao final non saiu. Desfruten deles.

DE XOLDA-ENTRE O MILLO


SICODÉLICA


Picando aquí poden atopar unha entrevista e máis información sobre os dous temas e sobre o grupo.

17 de maio de 2010

Homenaxe a Xorima

Redacción

O pasado mes febreiro A Voz de Vilalba recuperaba aquela entrevista de 1986 a Xorima e a mediados de maio ofrecerá a todos os seus lectores unha exclusiva relacionada con este grupo. Mentres, e para ir quentando motores, "A banda íntima de Martin Frost" fainos chegar esta versión, realizada no seu peculiar estilo, de "Feira de santos", un dos míticos temas incluidos no primeiro e único disco de Xorima. Agardamos que disfrutedes dela e lembrade que podedes deixar as vosas opinións aquí mesmo ou na nosa conta de Facebook.


29 de mar. de 2010

1986: Entrevista ao grupo folk Xorima

Redacción
Tal día como hoxe, hai dous anos, comezou a súa andaina na rede a versión dixital de A Voz de Vilalba. Por este motivo, pensamos que non había xeito mellor de conmemoralo que rebuscar nos nosos arquivos e sacar á luz algo que ofrecer aos seguidores, sen os que toda esta aventura non sería posible.

Por iso, aproveitamos para compartir e escoitar de novo, agora con todos vostedes, esta entrevista ao grupo de música folk Xorima feita por A Voz de Vilalba e publicada, prácticamente íntegra, no número impreso correspondente a abril de 1986 (pp. 3, 4 e 5) e incluida, xa que logo, no facsímil do xornal editado en 2006 –nada máis e nada menos que vinte anos despóis- pola Universidade Rey Juan Carlos (URJC) de Madrid e o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA).

Xorima foi un grupo de música folk de Vilalba (Lugo) fundado por Eduardo “Lalo” Baamonde, Carlos Celeiro “Morón”, Eugenio “Queno” Eimil, Xosé Luís Pernas e Xosé Ramón Vázquez, quen anos despóis fundaría tamén o grupo “Fía na roca”.

A entrevista realizouna Moncho Paz, que daquela contaba apenas dezaseis anos e comezaba o seu quefacer xornalístico como colaborador do diario El Progreso, a Morón, Queno e Xosé Ramón no local de ensaio do grupo, en Vilalba. Xorima viña de editar o ano anterior un elepé, que levaba por título o nome do grupo, e cuxa portada (na imaxe) correu a cargo do pintor e arquitecto Santiago Catalán. Naquel tempo producíranse cambios na formación, co abandono de Lalo. A conversa discurre a través de diferentes temas que van desde a política ata, por suposto, todo o relacionado coa música folk e o panorama cambiante e promisorio que se presentaba por diante.

Algunhas opinións hoxe, vinte anos despóis, poden semellar inxenuas. Outras, tremendamente lúcidas. En fin, escoitenas e desfruten delas e lembren que poden deixar os seus comentarios –sempre de agradecer porque son os que nos fan mellorar- tanto nesta páxina como no noso Facebook.

Moitas grazas a todos polo apoio incondicional.

1. Historia do grupo e actuacións fora de Galicia



2. Política e temas de actualidade



3. Preferencias musicais. A condición do músico



4. Balance sobre o traxecto ata o de agora. O traballo como grupo



5. Estudos dos componentes e axudas para saír adiante



6. Balance de 1985. Gravación do disco



7. Incorporación de novos instrumentos na música galega. Influencias…



8. Novas tendencias do folk galego



9. Concertos para 1986. Novo disco



10. Xorima e A Voz de Vilalba




4 de feb. de 2010

Bo Nadal a todos co "Himno galego"

Redacción
A Voz de Vilalba quere agradecer a fidelidade dos seus seguidores e felicitarlles este Nadal, cos mellores desexos de saúde e sorte para o vindeiro ano 2010, que agardamos veña acompañado de parabens para a lingua e a cultura galega. Neste senso, ofrecémoslles en exclusiva este vídeo no que, xunto a diversos símbolos emblemáticos da nosa terra, pode escoitarse a versión do "Himno galego" interpretada por A banda íntima de Martin Frost. Bo Nadal a Aninovo a todos.

23 de dec. de 2009

Homenaxe ao Rácing Clube Vilalbés

Redacción

O Rácing Clube Vilalbés é desde sempre, como sinalou non hai moito neste mesmo medio Xulio Xiz, "un dos mellores elementos para identificar o vilalbesismo". O ano pasado, conmemorando os seus primeiros 75 anos de historia, o Instituto de Estudos Chairegos editou un estupendo libro e un DVD con variedade de fotos, imaxes e vídeos referidos ao clube. O himno do Rácing, composto por Santiago Mato e Carmiña Prieto Rouco, ten unha versión moi coñecida, interpretada pola Banda Municipal de Vilalba e a Coral Polifónica. A Voz de Vilalba, achega hoxe a os seus lectores a versión dese mesmo himno perpetrada en clave rockeira por "A banda íntima de Martin Frost" nun desmitificador, pero respetuoso, homenaxe ao senlleiro Clube.


13 de dec. de 2009

Café no Parador: Agustín Baamonde

Redacción

Agustín Baamonde, deputado do PPdG e concelleiro en Vilalba, é o protagonista da sección Café no Parador, da edición en papel d'A Voz de Vilalba, que se publica hoxe. O novo goberno galego, a cuestión do galego ou a actualidade vilalbesa son algúns dos temas abordados ao longo dunha hora de entrevista que pode descargarse nas seguintes ligazóns:

1ª Parte
2ª Parte
3ª Parte
4ª Parte
Respostas rápidas

25 de xul. de 2009

Descargas en A Voz de Vilalba

10 de xuño de 2009