Amosando publicacións coa etiqueta Eva Wojkiewicz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Eva Wojkiewicz. Amosar todas as publicacións

Agasallo para o mundo no Día das Letras


Eva Wojkiewicz.- 
DE QUE VAI?
A raíz dun artigo que publiquei no desaparecido Xornal de Galicia, alguén propuxo no facebook facer un agasallo conxunto por internet durante o Día das Letras Galegas. A idea saíu adiante e púxose a partitura dunha canción en galego a disposición de quen quixera interpretala para así poder enviar distintas versións e compartilas cos amigos. O obxectivo era conseguir que o 17 de maio viaxaran traspasando fronteiras centos de mensaxes de cariño para os galegos emigrados polo mundo adiante.


COMO FOI O ANO PASADO?
Participaron arredor dun milleiro de colaboradores difundindo as 21 versións recibidas. Os datos de youtube indicaron que as máis de 18.000 reproducións da canle chegaron a 46 países, todo un éxito. Aínda podemos consultar o evento aquí:http://www.facebook.com/events/142511089155477/


VAMOS REPETIR?
Este ano está convocado de novo o evento e desta vez hai que procurar darlle maior difusión nos medios. Houbo moita xente que non tivo noticia ata despois da cita e o bonito é que sexa un agasallo sincronizado durante esa data tan especial.

QUE HAI QUE FACER? 
Soamente hai que gravar un vídeo de aproximadamente 30 segundos e de calidade informal, cunha versión desta partitura:http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Ti_es_dos_meus.pdf

COMO FACELO? 
A idea é que partindo dunha simple melodía igual para todos, cada artista faga a súa propia versión co ritmo e os arranxos que queira, canta máis variedade mellor para amosar a fertilidade musical que podemos acadar co noso idioma.

Podedes visitar a canle de "Agasallo para o mundo" na seguinte ligazón:
 http://www.youtube.com/user/Agasalloparaomundo?feature=g-all-u

17 de maio de 2012