Amosando publicacións coa etiqueta Rui Couto Martins. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rui Couto Martins. Amosar todas as publicacións

O río que nos une


Iago Castro e Rui C. Martíns

"Se imaginássemos que os Estados centrais implodiam, a Galiza e o Norte de Portugal formam claramente um país, partilhando características muito próprias"
José Albino Da Silva Pereira
Entrevista no Jornal de Notícias 19/12/09

O autor desta frase é nin máis nin menos que o presidente do Conselho Económico e Social da República Portuguesa, recentemente eleito por maioría de dous terzos na Asemblea da República, membro do Partido Social Democrata, ex-deputado europeu e ex-ministro de emprego e Segurança Social nos gobernos de Cavaco Silva.

Cada vez somos máis os que concordamos nesta idea. De facto, é a que fai que esteamos a escreber estas liñas, a catro mans, dous minhotos que hai tempo nos tratamos de compatriotas, a pesares de termos diferentes pasaportes, e que ultrapasamos constantemente esa fronteira cada vez máis artificial.

Nesta Europa que procura, por primeira vez na historia, unha identidade común, as identidades particulares que forman o conxunto cobran cada vez máis importancia. É neste proceso de construción onde ten sentido repensar a identidade minhota como referente común a máis de seis millóns de persoas que viven en ambalasdúas beiras do pai Minho e que comparten sinaladas características comúns alén da língua e a cultura.

O contexto actual débenos facer reflexionar sobre as posibilidades desa “implosión” dos estados actuais que Da Silva tan só imaxina. Portugal leva xa demasiado tempo mergullado nunha fonda crise que o centralismo lisboeta non contribúe a minguar. Alén diso, a fracasada regionalizaçao sometida a referendo en 1998, e que a caste política non tomou abondo en serio, obtivo sen embargo na altura un claro respaldo nas zonas urbanas do norte -trunfou o si en Porto, Matosinhos, Viana do Castelo, etc.- Pola contra, a alta abstención e a negativa global do electorado relegaron ao esquecemento unha reforma a cada paso máis necesaria, debido á crecente conciencia de boa parte da poboación “periférica” portuguesa do cada vez maior desequilibrio en cuestións como as infraestruturas, o gasto público, etc.

Na España, pola súa banda, non é política-ficción pensar nunha secesión catalá máis próxima do que poida parecer, e non axuda nada esoutro centralismo madrileño incapaz de pactar un modelo de estado máis plural e integrador que o actual. Neste escenario, unha España sen Catalunya, quedaría por ver se é posíbel manter o actual status quo entre as diversas “nacionalidades e rexións” que proclama o texto constitucional.

É por iso que, alén de ideoloxías ou sentimentos, deberiamos comezar a pensar nas cousas que nos unen, nas enormes posibilidades deste país que, aínda dividido entre dous estados, posúe un serio potencial de futuro. A re-unión das Galecias lucense e bracarense precisa que tomemos conciencia de sermos algo máis que bos veciños.

30 de dec. de 2009

Eleições e descentralização

Rui Couto Martins

Os vizinhos galegos elegerão de novo um parlamento no próximo dia 1 de Março, como vêm fazendo desde 1982. Também os bascos. Espanha desenvolveu nos últimos trinta anos um processo de descentralização case federal que, visto de fora, semelha exemplar. Os portugueses, que vimos sempre ao nosso vizinho como um todo homogéneo, não chegam a entender o alcance e a importância deste processo. Mas, à vista da alta participação dos cidadãos das diferentes comunidades autónomas nos seus comícios, os espanhóis demonstraram ter superado há muito tempo muitos complexos e aceitado sem dúvidas uma estrutura político-administrativa que tanto contribuiu ao progresso económico e social. Portugal não conta mais que com uma pobre experiência autonómica, as Regiões Autonómicas dos Açores e Madeira, esta última convertida numa espécie de república bananeira ditatorial da mão do inqualificável Alberto João Jardim. Se acaso por isso os portugueses rejeitaram o processo de regionalização proposto em 1998 pelo governo de António Guterres, que propunha a criação de oito regiões, e que alcançou uma escassa participação, nem o 48 % do eleitorado, mais uma votação contrária superior ao 60 %. Contribui ao escasso sucesso da descentralização uma direita contrária ao fim do centralismo lisboeta e uma esquerda em geral indiferente em quanto à questão.

Sem embargo, o autonomismo cobra cada vez mais importância naquelas regiões mais distantes da capital, singularmente no Algarve, a única região onde triunfou o sim em 1998, e que ainda reivindica a constituição de uma assembleia legislativa sob a legalidade daqueles resultados, e o Norte, onde a cidade do Porto lidera o sentimento descentralizador.

Porém, a crise económica já comprida que vive Portugal, relega a um segundo plano o debate cada vez mais necessário. Espanha é um espelho no que os portugueses devemos mirar para ver aquilo que deu bom resultado e, também, o que não funcionou desde o final da ditadura de Franco, tão semelhante ao nosso salazarismo.

Confesso que com inveja, desejo-lhes uma boa jornada eleitoral, e que ganhem os que tenham que ganhar.

19 de feb. de 2009

Grazas a Deus

Rui Couto Martins

Grazas a Deus, eu son ateo. É certo. Non vexan ningún contrasentido nesta afirmación. Grazas a Deus e ao meu mestre de cuarto grao, un alentexano seco, alto e malfeito, cuxo nome non quero lembrar, por se aínda vive e porque aínda me produce arrepíos. Baixo a terríbel presenza dun enorme retrato de Salazar, o ídolo daquel bruto pedagogo, dun crucifixo e máis dunha estampa decolorida da Nossa Senhora de Fátima, un servidor levou pancadas suficientes como para encher unha vida. Porque había tres cousas sagradas na existencia para o meu mestre: a relixión católica, apostólica e romana, António de Oliveira Salazar, e máis a ximnasia, unha reminiscencia, supoño, das súas andanzas xuvenís na Legiao Portuguesa, o noso fascismo particular.

Así pois, aquilo era unha rara conxugación de benaventuranzas e instrución premilitar, e en ambolosdous ámbitos eu, que era un estudante medianamente bo, pero torpe e curioso, fracasaba completamente. Así, por riba da miña incapacidade para pasar por riba, por baixo ou ao traveso dos instrumentos de tortura ximnásticos, os contínuos "por que" que saían dos meus beizos cando non entendía os misterios de Deus –que era case sempre- conducían invariábelmente a unha sesión de tormentos de man, nunca mellor dito, daquel bruto que as tiña grandes como pás de remos.

Un, que parece levar o virus do pensamento racional no sangue cuestionábase, ben que dunha perspectiva infantil e acaso simple, por que aquel deus tan todopoderoso precisaba do meu sacrificio diario. Máis adiante, elaborando un pouco a argumentación, pregunteime que sentido tiña a existencia dun deus tan despreocupado polo home, a súa creación, que só se molestou en mandar por aquí ao seu fillo, a fin de contas un recadeiro, para facerlle a puñeta aos xudeus, o seu "pobo elixido".

Todo isto ven a conto pola conversa que tiven o pracer de manter co Paulo o pasado sábado nunha Braga aterecida de frío diante de dous expresos nunha mesa d´A Brasileira. Pedíame o meu caro amigo algunha cousa para o seu xornal dixital, e eu reclamáballe a el novas acerca da polémica campaña das mensaxes ateas nos autobuses de Madrid e Barcelona. El tamén é ateo, como lle declarou unha vez á miña impresionada nai, que até entón o tiña en moita estima, e que dende aquela trata de salvar a súa alma ao prezo que custe incluíndoo nas súas oracións diarias. Porque Aquén-Miño, neste país de rezos e beatas, e máis aínda na catolicísima sé bracarense, a profesión pública de descrenza é aínda un tabú. Non imos ver en moito tempo os autobuses portugueses espallando mensaxes ateas, e os de Braga nin que baixe Xesús Cristo en persoa a negar ao seu pai. E, entretanto, calquera manifestación pública de fe pode invadir as rúas ao antollo da xerarquía eclesiástica –o mesmo que na España, non crean que niso levan avantaxe algunha-. Por que, entón, a clerecía se molesta tanto? Por que se considera normal a presenza dun crucifixo, un símbolo partidario por canto pertence só a unha parte dos cidadáns, aínda que sexan maioría, e incluso en certa medida obsceno, porque a fin de contas é a representación dun cadáver, aínda nos edificios públicos, e aos ateos se nos nega o dereito a expresar a nosa des-crenza? Cumpriría unha certa ecuanimidade, non é?

O Rocha, un compañeiro de traballo, dime a miúdo: "e se ao final Deus sí existe?" Confeso que me gustaría moito. Poderíalle reclamar algunhas contas que ten pendentes coa humanidade antes que me mandara ao Inferno –ao final, como foi, existe ou non?- ese lugar ao quente. Seguro que compartía condea eterna con moitos xerarcas eclesiásticos, e aínda con varios papas que foron, seguro, tan ateos como o que máis.

Estoume a desafogar, xa ven, aproveitando a fiestra aberta que me brinda este xornal, e de paso cumpro unha promesa: a de escribir algunha que outra vez para A Voz de Vilalba. Que ninguén se ofenda.

P.S.: Dime Paulo que de aquí en adiante van traducir os meus textos ao galego patrón. Non estou moi de acordo, porque entendo que calquera galego culto pode ler portugués sen problema e opino que a tradución nunca responde ao cento por cento do sentido orixinal. Que opinan vostedes, amables lectores?

Tradución: P.N.
Foto: busateo.org


Fai visible o teu ateísmo: Pica na imaxe para vela a tamaño completo,
descárgaa no teu computador e imprime tantos adhesivos como precises.
Se non estás de acordo coa campaña pica aquí

O bus ateo parará a partir de febreiro en Vigo e n'A Coruña. En Xornal.com

17 de xan. de 2009

Conflitos


Rui Couto Martins

Cheguei à Voz de Vilalba através de um dos seus editores, lusófilo militante sem por isso perder nem um pisco da sua alma galega, um desses jovens de hoje que derrubaram fronteiras e alfandegas, que já não guardam lembrança de Franco nem de Salazar, e que vão da Corunha a Porto sem perceber, sequer imaginariamente, que ultrapassam linha alguma no mapa político da Gallaecia.

Gosto deste meio local com vocação global. Aqui convive o apoio à candidatura de Obama com a nova sobre a greve dos trabalhadores da recolhida de lixo, o aniversário da Declaração dos Direitos Humanos e os inquéritos on-line sobre questões estritamente locais. E para alguém que segue habitualmente os meios sociais da Galiza, case totalmente centrados em olhar para si, acho que A Voz de Vilalba mantém uma tranquilizadora vocação de abertura cara o mundo para além dos altos muros dessa fantástica torre medieval que provoca admiração.

E, mais surpreendente ainda, não encontro em muitos meses de densos conteúdos nem a mais pequena referência ao "conflito linguístico" que na Galiza mantêm os defensores da norma portuguesa e os da norma isolacionista para a escrita do galego comum. Olhasse neste feito a firme defesa editorial do galego como língua independente, ainda que vinculada por fortes laços históricos com o português.

Este é tema frequente de conversas com o meu caro amigo galego, volta na capital do sul, a Braga que a ele o enfeitiça, volta nessa Vilalba tão próxima à capital do norte, o Lugo pelo que eu sinto paixão. Ele diz-me que sim, que a língua portuguesa, ao fim, não é mais que um dialecto do galego, mas tão evoluído que tem que mudar de idioma quando fala com os amigos minhotos. Eu confesso a minha ampla ignorância respeito da língua da Galiza, pese à que leio fluidamente a Manuel Rivas, mas não são capaz de falar dessa maneira, para mim, tão estranha.

Careço, então, de uma postura definida em canto à questão da pretendida continuidade linguística galego-portuguesa, e acho que em todo o caso é um problema a resolver pelos galegos mesmos. Não é o caso ressuscitar aquele irredentismo tão caro a muitos sectores do nacionalismo português, interessados na integração da Galiza. Por isso me causa surpresa a recente criação de uma Academia Galega da Língua Portuguesa. Desde esta banda do grande rio percebe-se como um "vinde aqui, conquistai-nos, colonizai-nos", tão estranho aos orgulhosos galegos. Não é?

7 de dec. de 2008