Museos para tod@s no Nadal

Redacción. -

Desde o Goberno da Deputación de Lugo e a través da Rede Museística e dos catro museos que a integran preténdese promover un lecer activo, creativo, sempre participativo. Nestas datas, nas que celebramos con moita ilusión a renovación, a “Luz do Nadal”, que anuncia a chegada dun novo ano, desexamos que gocedes das festas, da familia, dos amigos e tamén do descanso ... pero non esquezades que os museos estamos aquí, sempre dispostos a atendervos.

Como é costume, cada museo da Rede Museística (Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Museo Fortaleza San Paio de Narla e Museo Pazo de Tor) desenvolve diferentes actividades nas respectivas sedes, tendo en conta as peculiaridades das coleccións que albergan e as demandas do seu público.

As actividades e obradoiros programados van dirixidos a todos os públicos, especialmente aos membros do Club Pequeamig@s, Club Ei! e Club Sénior da Rede Museística da Deputación de Lugo.

Inscricións
As inscricións, cuxo prazo se abre o 19 de decembro se manterá aberto ata que se cubran as prazas ofertadas, deben formalizarse no departamento de Didáctica do Museo onde se vaian realizar as actividades.

PROGRAMAS
PROGRAMA: Museo Provincial de Lugo
PROGRAMA: Museo Fortaleza San Paio de Narla
PROGRAMA: Museo Provincial do Mar
PROGRAMA: Museo Pazo de Tor

21 de dec. de 2018

Culturas en diálogo 2018-2019

Redacción. -

A partir do sábado, 1 de decembro de 2018, queda aberto o prazo de inscricións para poder asistir, na modalidade presencial , ás sesións do 'Congreso Internacional  Musapalabra-Oficio de Palabreirxs: Migración' (Culturas en diálogo 2018-2019) que vai ter lugar no Museo Provincial de Lugo entre o 14 e o 18 de decembro. Só están reservadas 70 prazas que se adxudicarán por orde de chegada das correspondentes inscricións. Se desexa inscribirse imprima este formulario oficial, cubra os datos que se lle solicitan e asíneo. A continuación escanéeo en PDF e remitao á: info @ museolugo.org

A Rede Museística Provincial de Lugo, asociada conxuntamente á Universidade Complutense de Madrid, ao Instituto da Paz da Universidade de Granada, á Asociación Penitenciaria Concepción Arenal e ao Museo da Tertulia de Calí de Colombia, gañadores do Premio Ibermuseos Convesacións 2017, prevén a necesidade de xerar novas plataformas de socialización e construción de coñecemento dentro da estrutura institucional e a partir dun novo modelo de  traballo en rede. Xorde asíMusapalabra. Museos Mediadores. Oficio de Palabrerxs, reforzando a colaboración entre as persoas profesionais do ámbito educativo, terceiro sector, museos, sector artístico e sociedade en xeral.

Este congreso é o acto de remate do proxecto premiado por Ibermuseos e o primeiro preparatorio da XIX Conferencia Internacional de MINOM. Organizamos este congreso sendo plenamente conscientes da necesidade de reflexionar sobre como dar resposta a unha problemática tan antiga, con causas tan diferentes, sempre ao límite da dignidade en canto á protección das persoas que a sofren e a necesidade de que se cumpran os dereitos humanos. Amais celébrase arredor do 18 de decembro, Día Mundial da Migración.

Cos relatorios, encontros, exposicións, presentacións e mesas programadas, pretendemos ofrecer propostas que poidan ser útiles para resolver algunhas das problemáticas da xente migrante. As preguntas que nos formulamos é: que tipo de resposta podemos ofrecer  desde os museos, desde o mundo artístico, desde o espazo educativo e desde o terceiro sector?

Musapalabra-Oficio de Palabreirxs procura pontes para o diálogo mediante a palabra, dar voz a quen por razóns de sexo, económicas ou de conflito, precisa que os valores da igualdade, da xustiza e da paz se impoñan dunha vez.

CONGRESO: MODALIDADE PRESENCIAL

Sede: Museo Provincial de Lugo

PROGRAMA

Venres, 14 de decembro de 2018

 16:00h.-Entrega do material do congreso presencial e virtual.

16:30h.-Acto de inauguración.

17:00.- Terceiro Sector e migración. Mesa redonda con representantes de asociacións.

18:00h.- Museo e migración. Culturas en diálogo.

Relatorio: Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial e coordinadora xeral do Congreso, e Isidro López Aparicio, comisario xeral do proxecto: Memoria do Premio Museo e migración: Culturas en Diálogo.

18:30h.- Educación  e migración.

Relatorio: Orientación educativa - ACCEM-Lugo.

19:00h.-Ibermuseos. Memoria, Arte, Migración e Universidade.

Relatorio: Ana Rodríguez, artista, e Vanesa Vázquez, autora do proxecto de prácticas na Rede Museística Provincial, titorizado por Encarna Lago, Paz é nome de muller.

19:30h.-Memoria Proxecto Ibermuseos. Intervención Socio-educativa.

Programa +E+I+ (Re)I: máis Empoderamento, máis Igualdade, máis  (Re)Inserción. Obradoiro para o empoderamento/Obradoiro de escritura. 

Interveñen: Voluntariado da Asociación Penitenciaria Concepción Arenal de Lugo, integrado por: Concepción Sanfiz Fernández, escritora, profesora de Língua e Literatura; Paula Fraga Arias, avogada, licenciada en Dereito Económico, e Víctor Fraga Gayoso, psicólogo.

Sábado, 15 de decembro de 2018

17:00h.- Presentación Proxecto Culturas en diálogo: Lugo-Cuba.

Coa presenza do cónsul de Cuba en Galicia, Ángel Torres Jaime, e da Asociación de inmigrantes e retornados Rioplantenses.

17:30h.- Relatorio: Isidro Cillero, presidente da Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa: Recuperando a memoria da emigración a Cuba.

18:00h.- Relatorio: Ana María Bereciartúa Gasperini, Asociación de inmigrantes e retornados Rioplantenses, Viaxe de América á Rede Museística.

18:30h.- Presentación da mostra Luces de  alén mar. As  escolas de americanos en Galicia, a cargo de Vicente Peña Saavedra, profesor de Teoría e Historia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e comisario da mostra Luces de Alén Mar, organizada polo Consello da Cultura Galega.  

20:00h.-Inauguración das exposicións:

-Memoria Musapalabra. Oficio de palabreirxs (Museo Provincial de Lugo)

-Luces de  alén mar. As  escolas de americanos en Galicia. Esta mostra, que se poderá visitar nos catros museos da Rede, promóvea o Consello da Cultura Galega a través do Arquivo da Emigración Galega.

20:30h.- Concerto: Camiño aberto / 25 anos de Música, a cargo de Juan Carlos  Cambas.

Domingo, 16 de decembro de 2018

18:00h.- Inauguración da exposición ‘Culturas en Diálogo Lugo-Arxentina-Uruguai’, na Escola Habaneira de Santaballa (Vilalba).

Luns, 17 de decembro de 2018

09:00h.- Relatorio: Carola Casal, museóloga-conservadora e xestora cultural: Indo e vindo. Arquitectura migrante.

9: 45h.- Interculturalismo, Multiculturalismo, Transculturalismo.

Relatorio: Enrique Alcorta, responsable do Departamento de Arqueoloxía e Historia do Museo Provincial de Lugo:Camiños na historia.

10,30h.- Ralatorio: Silvia Fiallega, auxiliar de Sala da Rede Museística Provincial de Lugo, DEA en Historia Contemporánea e Historia de América: Galiza: emigración, memoria e identidade. Imaxinario e estereotipos da diáspora galega a America.

11:15h.-Debate

11:30h.-Pausa café

12:00h.- Relatorio: Lucía Oca, doutora  en Antropoloxía Aplicada, responsable do proxecto BogAvante de empoderamento do colectivo caboverdiano, autora da tese “Caboverdianas en Burela (1978/2008): Migración, relación de xénero e intervención social: Educación, xénero e migración. O caso de Burela.

16:00h.- Interculturalismo, Multiculturalismo, Transculturalismo.

Relatorio: Amal Ait Mohaned (Marrocos): Ela ten a palabra.

17:00h.- Relatorio: Evelin Ruíz Crego, estudante de fotografía artística na EASD Ramón Falcón: Ni de aquí, ni de allá. Micro historias de ida y vuelta (Stop Motion).

18:00h.-Relatorio: Pablo Mosquera, presidente Asociación Aventados: Da cultura á subcultura ou da historia ao mito.

18.30h.-Relatorio: Daniel M. Vázquez Vila, historiador documentalista: O imaxinario e percepción das remesas culturais da emigración.

19:00h.- Presentación da publicación   ‘Aletheia: dar forma al dolor’, volumes I e II. Madrid, Fundamentos, a cargo de Marián López Fernández Cao. Integra o Parteneriado do Premio Ibermuseos Oficio de Palabrerx, é profesora da  Universidade Complutense de Madrid e directora do Grupo de Investigación I. Pi + D  Aletheia  e do Grupo 941035 Aplicaciones da Arte na Integración Social.

Martes, 18 de decembro de 2018

09:00h.- Relatorio: Mª Rosario Fernández González, responsable do Departamento de Etnografía e Artes Decorativas do Museo Provincial de Lugo: 14 km.

09:30h.- Relatorio: Fátima Teixeiro Vázquez, responsable do Servizo de Participación e Integración Universitaria USC-Campus de Lugo: Apuntes sobre diversidade cultural: o que a experiencia dun programa de voluntariado nos ten aprendido.

10:00h.- Presentación da memoria dos obradoiros de mediación.

Cristina Alonso (COGAMI), Ana Pérez, Elvira Cerdeira, profesoras do Colexio Público de As Gándaras, Mónica Álvarez, COGAMI, ACADAR e Encarna Lago (RMPL).

11:00h.-Afectos entretecidos, obradoiro práctico con colectivos, colexios, RMP, USC e Elisa Verdín, estudante de Erasmus da USC.

16:00h.-Presentación da memoria de intervencións artísticas Premio Ibermuseos Conversacións: Isidro López Aparicio, comisario xeral do Proxecto  Palabrerxs, membro do Instituto da Paz da Universidad de Granada, artista, comisario, profesor e activista.

16.150h.- Relatorio: Pablo M. Coca Jiménez, profesor da Universidade de Valladolid: Cultura visual e diversidade na formación docente.

17:00h-18,30.-Relatorios:

  -Mónica Alonso, artista: Percepción cromática en mulleres de diferentes culturas, aplicación a grupos culturais e sociais de Lugo.

 -Mery Pais, artista: Trascender, transmitir, transformar. Talleres feministas transnacionais.

-Luz Darriba,  artista:  Santas Migrantas.

18:30-19:00h.- Pausa café.

19:00h.- Presentación do catálogo do Proxecto Premio Ibermuseos Conversacións: ‘EU… TI… ELAS… NOSOUTRAS NOSOUTRXS EN REDE’, comisariados por Encarna Lago e Antonio Reigosa.

19:30h.-Clausura do congreso e entrega de diplomas con acreditación de horas de asistencia.

INSCRICIÓNS

Gratuítas.

Prazas: 70

A partir de 1 de decembro e ata completar as 70 prazas reservadas.

A través do formulario específico existente na web da Rede Museística (redemuseisticalugo.org)..

Se desexa inscribirse imprima este FORMULARIO oficial, cubra os datos que se lle solicitan e asíneo. A continuación escanéeo en PDF e remitao á: info @ museolugo.org

CONGRESO: MODALIDADE  VIRTUAL

En breve daremos a coñecer os nomes das persoas e os títulos das correspondentes propostas.

Proxeccións

Ata o 27 de xaneiro de 2019. Proxeccións das conferencias internacionais no Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Pazo de Tor e Museo Provincial do Mar. Tamén serán facilitados os enlaces aos participantes presenciais e participantes on line, para o seu visionado.

O visionado será sometido a unha proba de aproveitamento, que terá lugar o 27 de xaneiro, coincidindo co Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto, proba que será acreditada con diploma avaliado polo parteneriado de Ibermuseos na Convocatoria de Conversacións 2017.

ORGANIZACIÓN

Partenariado: Premio Ibermuseos na convocatoria Conversacións 2017. Isidro López Aparicio, Encarna Lago, Marián López Cao e Víctor Fraga.

Coordinación xeral: Encarna Lago, Leonardo Casado e Patricia Torres.

Secretaría xeral técnica: Fernando Arribas e Antonio Reigosa.

Comité Científico: Isidro López Aparicio (Comisario xeral do Proxecto  Palabrerxs, membro do Instituto da Paz da Universidad de Granada, artista, comisario, profesor e activista), Marián López Fernández Cao (Universidade Complutense de Madrid), Victor Fraga (Asociación Penitenciara Concepción Arenal), Ana Goy (Catedrática de Historia da Arte da USC e integrante do Centro de Estudos de Historia da Cidade de Lugo), Aurelia Balseiro García (directora do Museo Provincial de Lugo), Ana Lucía Llano (Museo de la Tertula de Cali, Colombia), Silvia Fiallega (Rede Museística Provincial), Enrique Alcorta (Responsable do departamento de Historia e Arqueoloxía da Rede Museística Provincial), Mª del Rosario Fernández González (Responsable do departamento de Etnografía e Artes Decorativas da Rede Museística Provincial), Juan Ignacio Márquez (Rede Museística Provincial), Ana Ferro (Rede Museística Provincial), Francisca Abuín (Rede Museística Provincial), Ángeles Miguélez (Rede Museística Provincial), Ana Bereciartúa Gasperini (Asociación de inmigrantes e retornados Rioplantenses), Ana Pérez (Colexio Público de As Gándaras, Lugo), Cristina Alonso (COGAMI), Elvira Cerdeira (Colexio Público de As Gándaras, Lugo); Miquel Sabaté (Museo de Lleida), Aitziber Urtasun (artista e educadora, responsable do Departamento de Educación Estética do Museo Oteiza, País Vasco), Josep María Solias (director do Museo de Hospitalet, Cataluña), Pedro Lavado (doutor en Historia da Arte), Rufino Ferreras (Museo Thyssen), Ana Moreno (Museo del Prado), Amelia Aguado (Universidad de Valladolid), Juan García Sandoval (Museos de Murcia), Silvia Blanco, Paula Cabaleiro, Erica Sarmiento, Pablo Coca (Universidad de Valladolid), Lucía Oca, Carolina Casal, Paula Fraga, Mónica Alonso, Mery Pais, Aida Rechena (MINOM), Mercedes Stoffel (MINOM), Ángeles Maira (Anade, Lugo), Juan Gude (COGAMI), Oliva Cachafeiro (Museo Arte Africano de Valladolid), Pedro Leite (MINOM), Isabel Victor (directora do Museo Sporting, Portugal), Micaela Fernández Darriba (xestora), Luz Darriba (artista), Cristina Palacios (Arelas), Felipe Zúñiga, Liduvina Juárez, Israel Haro, Xatziri Molina, Fátima Teixeiro, Raquel Castellá (Museo de Historia de Cataluña), Aquilino González Álvarez (Auxilia-Lugo), Joana Baygual (conservadora e restauradora), Ticiana Ghiglione Darriba (artista), Ana Rodríguez (artista), Mª José Domínguez (artista), Olga Oliveira (artista visual e docente), Paula Noya (artista), Iago Eireos (artista, investigador/docente), Mónica Mura (artista multidisciplinar), Isidro Cillero (Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa), Pablo Mosquera (Asociación Aventados), Mónica Álvarez San Primitivo (directora do Centro de Recursos Agora de Monforte), Concepción Sanfiz Fernández (Asociación Penitenciara Concepción Arenal), Amal Ait Mohanet, Evelín Ruíz Crego (estudante EASD Ramón Falcón), Vanesa Vázquez (estudante USC), Elisa Verdín (estudante USC-Erasmus), Daniel Manuel Vázquez Vila (historiador-documentalista), Teresa Soldevilla García (Museum Maritím de Barcelona), Paula Arias Abella (Rede Museística Provincial), Xoán Carlos García Souto (Rede Museística Provincial), Cristina Da Milano (Licenciada en Arqueoloxía, presidente de ECCOM), Mª Ángeles Carnacea (antrópologa),  Irene Cabrera Barthés (directora MUMI Museo de las Migraciones), Raquel Guerrero Prieto (Rede Museística Provincial), Verónica Jeria (Museo Etnográfico J.B. Ambrosetti), Violeta Bronstein (Coordinadora do programa “Museos, formación e redes” da Dirección Nacional de Museos da Secretaría de Cultura de la Nación), Alicia de la Nieves Sarno (Museóloga e docente de Museoloxía no Instituto Superior de Formación Docente e Técnica da cidade de La Plata), Mariana Santamaría (Museóloga e coordinadora do Observatorio de Museos Universitarios da Universidad Nacional de La Plata), Belén Barthe (Xestora cultural e artista), Clara Sarsale (Profesora de Historia e docente do programa de extensión en cárceres da Facultad de Filosofía e Letras da Universidad de Buenos Aires), Johanna Di Marco (Museóloga e docente), Florencia Lloret (Museóloga e docente), Mario Amatiello (Museólogo e coordinador del Museo Provincial de Ciencias Naturais Ángel Gallardo de Rosario, Santa Fé)

15 de dec. de 2018

V Recital Poético Solidario Internacional

Redacción. -

Baixo o lema “Verso, ¿que traes? Esperanza”, o vindeiro venres, 21 de decembro a partir das 20 horas na Casa da Cultura de Vilalba celebrarase o V RECITAL POÉTICO SOLIDARIO INTERNACIONAL. Organizado polo portal dixital Culturalia GZ e en colaboración con Cruz Vermella Vilalba e o Concello de Vilalba, tentarase recadar a maior cantidade de fondos para a Campaña de Xoguetes, “Os seu dereitos en xogo”, que anualmente leva a cabo a mencionada Cruz Vermella.

As entradas están a disposición das persoas interesadas na Casa da Cultura. O prezo das mesmas será de 5€, agás para os/as nenos/as até unha idade de 12 anos, cuxa entrada será de balde.

Acto presentado por Adolfina Mesa e Martiño Maseda.

E coa participación das segintes voces poéticas: Ana Mar Fraga Rábade, Anxo Boán Rodríguez, Asun Blanco, Beatríz Dourado, Branca Villar, Emilia Martínez Fuentes, Jesús Trashorras, José Carlos Ulloa García, Luz Airado Bello, María Xosé Lamas, Montse González Álvarezz, Paco Ledo, Pilar Maseda, Toño Nuñez e Xosé Otero Canto.

Acompañamento musical ao piano de Néstor González Lamas.

Tamén se solicitou aos poetas que van recitar a cesión dun libro propio ou doutra autoría como agasallo para as persoas que resulten gañadoras no sorteo final que se fará entre todas as entradas mercadas polos asistentes.

14 de dec. de 2018

Xesús Rábade gaña o certame de Caldaloba

Redacción. -

O poeta Xesús Rábade Paredes foi galardoado coa primeira edición do certame de poesía Torre de Caldaloba, que promoveu o Concello de Cospeito. O xurado valorou a obra gañadora, precisamente sobre a Torre de Caldaloba, «pola súa imaxinación e riqueza). O alcalde de Cospeito, Armando Castosa, amosaba a súa satisfacción polo éxito de participación, con 52 traballos presentados, e pola calidade dos mesmos, como destacou o xurado. Ademais, indicou «que foi unha sorpresa agradable que o gañador fose nado en Cospeito e unha figura relevante das nosas letras». O premio entregarase o sábado 15 de decembro, ás seis da tarde, no local social de Pino. O gañador recibirá 1.500 euros e a publicación da obra.


3 de dec. de 2018

A LIX nos medios de comunicación

Redacción. -

O vindeiro mércores, 5 de decembro, no Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado en Lugo da USC, terán lugar as Xornadas Abertas GÁLIX 2018, continuando unha actividade sobre literatura infantil e xuvenil comezadas no pasado curso.

Desenvolverase entre as 13.00 e as 14.30h. A inauguración estará a cargo de Francisco Rodríguez Lestegas, decano da facultade, e Xosé A. Perozo, presidente de GÁLIX e da OEPLI.

O tema escollido nesta segunda edición versará sobre a literatura infantil e xuvenil nos medios de comunicación con tres relatorios a cargo de Miguel Vázquez Freire -profesor, escritor e crítico-, Mario Regueira –escritor e crítico- e Antonio Manuel Fraga -escritor. A mesa redonda estará moderara por Montse Pena Presas –profesora da facultade, crítica e vogal da directiva de GÁLIX.

As xornadas están organizadas por GÁLIX, patrocinadas pola OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil), o Ministerio de Cultura, coa colaboración da USC, campus de Lugo.

As xornadas é de portas abertas até completar o aforo do salón de actos.

30 de nov. de 2018

Títeres Mircromina na Casa de Manuel María

Redacción. -

Este sábado, 1 de decembro, a Casa-Museo Manuel María programa, ás 18 hrs, “A familia unida”, unha peza levada a escea por Títeres Mircromina.


“A familia unida”, de 50 minutos de duración, é un clásico de luva libre e desenfadada, chea de ritmos, xogos e cachiporra, que se mira na tradición Pulcinela, Bululú e Punch. A sipnose sinala que André, o presidente, propietario e presentador do espectáculo busca empregado. A quen non lle interesa un bo traballo , unha colocación de por vida para un emprendedor coas mellores condicións de traballo posíbeis? Cromina, despois de ser pai, enfronta a súa natureza casual e festeira á responsabilidade e seriedade das circunstancias a través de clásicos como a autoridade, a paternidade, o dragón e até enfrontarse á propia morte.


A obra programada encádrase dentro do programa de teatro profesional PROSCENIO que impulsa a área de Cultura da Deputación de Lugo para contribuír á difusión do teatro na súa vertente profesional en entidades municipais e culturais da provincia, así como potenciar a actividade cultural.


A entrada é libre (para todos os públicos a partir dos 4 anos) até encher o aforo mais as persoas interesadas en asistiren deben facer a reserva previamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao teléfono 698177621.


"Receitario para unha traxedia" en Boiro.

Redacción. -

O  sábado 1 de Decembro, e ata o 10 de xaneiro, Luis Melón Arroyo volve á galería "La doce", en Boiro, a presentar "Receitario para unha traxedia".

"Receitario para unha traxedia" é un traballo de investigación "artística culinaria". O artista leonés realizará unha performance na que dará a probar aos asistentes unha das receitas.

Luis Melón Arroyo entra no mundo da gastronomía coma un xeito novo de contar historias. El mesmo recoñece tomar como punto de partida a reflexión de Ferrán Adriá recollida nos mandamentos de "El Bulli", un manifesto da cociña contemporánea, facendo fincapé no primeiro punto do mesmo: "A cociña é unha linguaxe mediante a cal pódese expresar harmonía, creatividade, felicidade, beleza, poesía, complexidade, maxia, humor, provocación".

Desde este punto de partida, Luis Melón realiza "receitario para unha traxedia" cimentada en catro alicerces básicos: a investigación, a gastronomía, a obra plástica e o libro de artista.

Trátase dun percorrido no tempo que, aglutinando fitos, receitas, obra plástica e performance, crea un fío narrativo dunha época escura do século XX en España e cupón, ao mesmo tempo, unha reflexión sobre a Guerra Civil, o franquismo, a Transición e a sociedade española.

Pódese falar,  sen dúbida, dun compendio de diferentes receitas gastronómicas máis ou menos realistas, pois así como algunhas son receitas reais, como as linguas de gato ou a tortilla de pataca sen ovo e sen pataca, outras foron modificadas, ben para darlles un contido crítico, como o leite frito, ou ben para adaptalas aos gustos actuais como é o caso dos nuggets de rata.

Este percorrido gastronómico lévanos por diferentes episodios que empezan cunha última cea da xeración do 27 no ano 1936 e a Guerra Civil, terminando no ano 1977 coa Matanza de Atocha xusto antes da chegada da democracia.

Cada un dos capítulos deste compendio gastronómico estrutúrase da seguinte maneira: Unha receita creada, rescatada ou transformada do receitario popular, un cartel sobre a mesma, un texto explicativo e ocasionalmente unha performance culinaria. Así cada receita funciona de xeito individual coma peza artística e, en conxunto, como receitario ou libro de artista.

Lugar
La Doce

Avd Constitucion nº12, Bajo
15930 Boiro


27 de nov. de 2018

Mañá 'O perfil das verbas' en Lugo

Redacción. -

O vindeiro martes día 27 o Centro Cultural do Vello Cárcere acollerá a presentación de ” No perfil das Verbas, novo poemario de Baldomero Iglesias, máis coñecido como Mero, un dos pioneiros da música galega, que formou parte de grupos de música tan emblemáticos como Fuxan Os Ventos ou A Quenlla.

O acto de presentación do poemario, comezará ás 19 horas e ao mesmo acudirán o propio autor, a ilustradora do libro María Guerrrero, Xulio Xíz, Pilar Sampedro, Davide Otero, Xoán Xosé Fernández Abella, Alfonso Blanco, Xosé Otero Canto, Raúl Galego e Xosé Val.

A entrada sera de balde ata completar aforo.

26 de nov. de 2018

Miro Casabella na Casa Manuel María

Redacción. -

O 1 de decembro cumpriranse 50 anos do concerto de presentación da Nova Canción Galega, no Cinema Capitol de Compostela, en que Manuel María oficiou de presentador Miro e Saleta Goi, compañeira de Manuel María, manterán previamente ao concerto unha conversa lembrando algúns feitos acontecidos naqueles anos de inicios musicais.

Este ano que se están a cumprir os 50 anos da Nova Canción Galega, un dos seus máximos representantes, Miro Casabella, estará este sábado, día 24 de novembro, ás 20 hrs, na Casa-Museo Manuel María, repasando algunhas das composicións do seu amplo e rico cancioneiro.

Comprometido coa lingua a cultura e o país, o compositor e cantautor do Valadouro manterá previamente ao concerto unha conversa con Saleta Goi, compañeira de Manuel María, en que lembrarán feitos e actividades acontecidas naqueles anos de inicios musicais, entre outras, un concerto que se celebrou o 1 de decembro de 1968 no Cinema Capitol de Compostela e que Manuel María oficiou de presentador (aquel concerto foi a presentación “solemne” da Nova Canción Galega e nel cantaron Xerardo Xestoso, Xavier, Benedicto, Guillermo, Vicente Álvarez e Miro) ou sobre os primeiros traballos de Miro Casabella (Miro canta as súas canciós e Miro canta cantigas de escarnho e de maldizer) que saíron en Edigsa -discográfica catalá, editora da Nova Cançó- co subselo de Xistral de Manuel María.

As persoas interesadas en se achegar este sábado á Casa-Museo deben reservar a entrada, quer escribindo acontacto@casamuseomanuelmaria.gal, quer chamando ao 698177621. A entrada é libre até completar o aforo.


23 de nov. de 2018

Rosalía sempre viva

Redacción. -

A Casa-Museo Manuel María vén de publicar as bases da V edición do Concurso de recitado poético “Rosalía sempre viva” e de abrir a convocatoria a todos os centros educativos galegos para a súa participación.


O concurso dirixido a todo o alumnado galego de ensino non universitario, desde Primaria a Bacharelato e Ciclos Formativos, está centrado no recitado de versos da obra en galego de Rosalía ou da ampla produción poética de Manuel María. O obxectivo do concurso é potenciar a expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e o recitado da poesía de dúas das voces máis importantes e populares da nosa literatura.


Na pasada edición, máis de trescentas persoas (alumnado, docentes e familiares), vidas de distintos puntos do país, déronse cita na fase final que gañaron alumnas e alumnos do CEIP Os Muíños de Moraime-Muxia, do CEIP Barrantes de Tomiño, do IES Francisco Asorey de Cambados e do IES Lois Peña Novo de Vilalba.


Nesta V edición a fase final celebrarase no auditorio da Casa-Museo Manuel María o 6 de abril de 2019. As bases pódense ver na ligazón http://www.casamuseomanuelmaria.gal/actividades/convocase-a-v-edicion-do-concurso-escolar-de-recitado-poetico-rosalia-sempre-viva.htm?tipo=ACTIVIDADE

22 de nov. de 2018

Martiño Maseda acada o Leiras Pulpeiro

Redacción. -


O poemario Mapa da xeografía emocional, do vilalbés Martiño Maseda, acada o primeiro premio no VII Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, que organiza o concello de Mondoñedo coa colaboración da Deputación de Lugo.

Esta edicións destacou polo alto índice de participación, chegándose a recibir preto de 100 orixinais.

O xurado desta edición estivo composto por Aurea Ramil, Chema Felpeto e Armando Requeixo, que decidiron outorgar o segundo premio á obra titulada 1(14)1 da que é autor, Alberte Momán de Ferrol, mentres que Xurxo Alonso acadou o terceiro premio, coa obra presentada baixo o rótulo Documentos do escribente.

A entrega do premio terá lugar este sábado, dia 17 de novembro, a partires das 12.00 h. na Casa do Concello.



14 de nov. de 2018

Paula Carballeira gaña o Manuel María

Redacción .-

A obra Somos os monstros válelle a Paula Carballeira o seu terceiro Premio Manuel María de literatura dramática infantil, que xa obtivera na súa primeira convocatoria en 2006 con Boas noites e en 2011 con O refugallo.

Nesta décima edición, o xurado foi unánime na decisión de elixir o seu texto como gañador, incidindo na súa “boa carpintaría dramática, que posibilita un xogo escénico moi dinámico no que se pode aproveitar moi ben o espazo e o tempo teatral, moi na liña dos xogos infantís”. Así, os seus personaxes, situacións e diálogos semellan de debuxo sinxelo, mais logran transmitir un trasfondo potente e un universo simbólico suxestivo e interesante para o espectador infantil e adolescente. A autora aborda aquí o mundo dos monstros que, na súas palabras, “ás veces, moitas veces, non son moi diferentes de nós cando nos miramos no espello”.

Paula Carballeira dedícase profesionalmente ao teatro e á narración oral dende hai máis de vinte anos e é autora de numerosos libros, principalmente de literatura infantil e xuvenil: os devanditos O refugallo e Boas noites, PacoCorreo urxenteSmaraA burra Ramona ou Misterios, citando só algúns dos seus títulos premiados. Membro da compañía Berrobambán dende 1996, a súa traxectoria como directora e actriz desenvólvese tamén en proxectos escénicos doutras compañías. Participou como convidada en destacados festivais de narración oral, tanto a nivel estatal como internacional, ademais de traballar en diferentes series e espazos da TVG.

GalizAmérica

Redacción. -

A Guerra Civil do 36, coa consecuente derrota da República, levou a milleiros de galegos e galegas ao exilio. Este exilio tivo a nivel cultural unha gran relevancia pois, moitos dos mellores intelectuais do país refuxiaranse fundamentalmente nos países máis democráticos de América nese momento, en especial en México e Uruguai. Pouco despois, será Arxentina o destino principal dos exiliados, país que xa contaba con diversos centros galegos concentrados no seu capital, Buenos Aires.

Esta concentración de intelectuais, entre os que se atopaban Lugrís, Freire, Castelao, Seoane, Colmeiro etc., xera unha actividade cultural intensa en diferentes campos creativos con especial incidente na edición. Editáronse centos de libros e diversas revistas, creáronse programas de radio, impartíronse conferencias, iniciáronse celebracións de días singulares, como o día de Patria, abríronse escolas onde nenos e nenas aprenden galego… Todo ese florecemento cultural é o tema ao redor do que xira a exposición GalizAmérica.

A inauguración oficial será o xoves 15 de novembro, ás 20.00 horas, coa conferencia de Uxío Breogán que leva por título O galeguismo no exilio americano. Da Irmandade Galega ao Consello de Galiza (1940-1963)

Pódese visitar de luns a venres, de 16.00 a 22.00 horas.

Desaparece o cruceiro d'Os Vilares

Redacción. -

A Asociación Os Vilares denuncia a desaparición definitiva do cruceiro do Rego Pequeno, situado na parroquia de Os Vilares (A Ribeira) estaba sobre un muro ao pé dun camiño. Tiña unha base cúbica con fuste monolítico, de sección cuadrangular. O capitel «era» de forma cúbica, e a cruz, cuadrangular, sin efixies. A peza xa non estaba enteira porque, unha máquina municipal que desbrozaba na zona na época en que era alcaldesa María José Vázquez Lorenzo (PP) deixou  destrozado parte do capitel e a cruz, pezas das que nunca máis se soubo.

Agora, desapareceu tamén a base e o fuste. Unha comprovación realizada pola Lareira de soños conxuntamente con Cruceiros de Galicia, que alertou desa posíbel sustracción que agora se confirma.

Outra perda para o património dos Vilares que vé os frescos da igrexa en serio de desaparición, o Calvario das Reixas sen reparar despois de 19 meses e o estado xeral do patrimonio etnográfico en situación de abandono e falto de limpeza e sinalización ao igual que o arqueolóxico.

Resulta preocupante o expolio destas pezas, moitas veces con coñecemento dos veciños, que se negan a denunciar para evitar problemas, Pero moito máis cando son as propias administracións as que polo súa desidia facilitan a desprotección do patrimonio histórico.

Na foto, imaxe do cruceiro antes de ser distraído definitivamente.

San Vincenzo e a Virxe dos desamparados

Antón de Guizán.-

San Vicenzo dos Vilares é unha igrexa coñecida por celébrar a popular romaría da Virxe dos Desamparados. 


É por iso que vos pregamos San Vicente e Nosa Señora dos Desamparados para que movades a consciéncia das administracións públicas para que non deixen desaparecer os frescos da igrexa.


Como ben sabedes, as orixes do templo datan do s. XII, se ben  os restos románicos redúcense aos muros laterais da nave con varios canecillos, sendo a fachada principal do XVIII. 


No exterior o conxunto está formado un atrio murado con baixo muro de pedra granítica, con cruceiro, dúas pilas bautismais e un sarcófago. Támén existe un Calvario nas inmediacións que leva dez meses sen un pedazo do mastro e a cruz por un accidente de tráfico.


No interior ten catro retablos neoclásicos e un barroco con tallas dos ss. XVII e XVIII, aínda que destacan especialemnte os restos de pintura mural ó fresco do S.XVI, que forman un ciclo de grande calidade artística ó longo dos muros da nave, con distintos temas, como o do enterro do Conde Orgaz da autoría, segundo o profesor Monterroso Montero do afamado Mestre de Parga, de grande respeto naquela época.


O estado xeral de conservación é verdadeiramente moi malo. A gravedade acelerada e activa dos axentes  de deterioro, provoca en primeiro lugar o risco de desprendemento das pinturas murais, polo que urxe imperiosamente proceder á sua restauración, xa que de acabar caendo, a súa pérdida sería irreversibel.


Ademáis deste perigo urxente de resolver, o seu aspecto sucio e abandonado desvirtúa a súa calidade como elemento singular e moi visible de este templo teu,  San Vicenzo dos Vilares, centro de peregrinaxe senlleiro. 


En conclusión podemos dicir que se está a perder un ciclo mural ao fresco de gran relevancia artística é histórica para a provincia de Lugo coa pasividade das diferentes administracións a pesares de que a súa restauración sería perfectamente asumibel económicamente e e que a salvación das pinturas suporía un importante valor para o patrimonio da provincia.


A perda destas pinturas será unha grande irresponsabilidade por parte da Igrexa, a Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial e o Concello de Guitiriz, sabedores da trascendencia desta obra e do perigo existente de perda definitiva si non se actúa con urxencia, pois os frescos murais dos Vilares teñen V SÉCULOS DE NÓS, é património de tod@s e non só da igrexa e as administracións teñen o deber de preservalos e poñelos en valor e volver a atraer peregrinaxe non só á Romaría da Nosa Señora na Pascua, senón ao longo de todo o ano.


É por isto que vos pregamos que movades os fríos e calculadores corazóns administrativos das institucións e non deixedes desaparecer tan valiosa decoración renacentista das paredes románicas da igrexa e que esta recupere o explendor e o seu enorme valor patrimonial conservado ao longo de séculos e séculos e co perigo de desaparecer en só 26 anos após do seu descubrimento ao quitar o caleado profiláctico minhas obras na o cando era párroco Segundo Pérez, hoxe Deán da catedral compostelá.


E para que así sexa pregamos que intercedades polos vosos/nosos frescos, San Vicenzo e Virxe dos Desamparados, para que sigan nas paredes da igrexa, AMÉN!

Raúl Galego Chairego de Honra

Redacción. -

O vindeiro 17 de novembro o gaiteiro Raúl Galego será nomeado Chairego de Honra no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, ás 12:00. Intervirán Mero Iglesias, Xulio Xiz, David Otero, Alfonso Blanco, Xurxo Soutro e o propio Raúl Galego. Poñerá música ó acto o grupo Millo Verde. E de seguido haberá un xantar de irmandade no restaurante O Lanzós, para apuntarse chamar ó teléfono 646413890.

13 de nov. de 2018

Centenario das Irmandades da Fala

Redacción. -

O Instituto de Estudos Chairegos e o Consello da Cultura Galega, en colaboración co Concello de Vilalba, cando se cumplen cen anos da Asemblea que as Irmandades da Fala celebraron en Lugo os días 17 e 18 de novembro de 1918, organizan as Xornadas “Centenario da I Asemblea das Irmandades da Fala“, que se desenrolarán na Casa da Cultura de Vilalba, os días 16 e 17 de novembro de 2018 co seguinte programa:

VENRES, 16
17:30 Recepción e presentación. Interveñen:
ROSARIO ÁLVAREZ BLANCO, Presidenta do Consello da Cultura Galega
AGUSTÍN BAAMONDE DÍAZ, Alcalde do Concello de Vilalba
MARISA BARREIRO MEJUTO, Presidenta do Instituto de Estudos Chairegos

18:15 Proxección dun audiovisual sobre as Irmandades da Fala.

19: 00 Conferencia de RAMÓN VILLARES PAZ:
Centenario da I Asemblea das Irmandades da Fala.

SÁBADO, 17
10:30 Mesa Redonda: Irmandades da Fala. Lois Peña Novo, coa participación de:
UXÍO BREOGÁN DIÉGUEZ
ALBERTE CURRÁS GATO
EMILIO ÍNSUA LÓPEZ
MANUEL ROCA CENDÁN

12:00 Actuación musical do grupo de guitarras do Conservatorio de Vilalba
PIZZICATO TRIO

12:30 Conferencia de ENCARNA OTERO CEPEDA: As mulleres e as Irmandades da Fala.

14:00 Ofrenda floral no monolito conmemorativo da constitución da Irmandade da Fala de Vilalba.

10 de nov. de 2018

'Dhogs' na Casa Museo Manuel María

Redacción. -

Sábado de cinema na Casa-Museo Manuel María coa proxección do filme DHOGS, que contará coa presenza do seu director, Andrés Goteira, e outros membros do seu equipo, como Adrián Folgueira e Ismael García, os cales manterán unha conversa co público asistente ao finalizar a película.


DOGHS, obra cinematográfica máis premiada do cinema galego último, é unha fita de historias encadeadas que xiran por volta dos límites da realidade e da ficción, rodada entre Almería e Galiza, conta entre o seu reparto con Antonio Durán “Morris”, Melania Cruz, Carlos Blanco, Iván Marcos, Miguel de Lira, María Costas…


proxección está programada para as 20 hrs de mañá, sábado, e para asistir cómpre reservar o billete (2 euros) encontacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao tel.698177621

9 de nov. de 2018

'Durienses' na Casa das Insuas

Redacción. -

venres 16 de novembro ás 20:30 h estrearase no C.E.N Casa das Insuas a película "Durienses".

A película descúbrenos a vida oculta das especies endémicas do río Douro, un dos grandes ríos ibéricos que a pesares dos avatares históricos da súa íntima convivencia có home, aínda agocha unha biodiversidade fascinante e descoñecida polo público xeral.

Asistirá tamén o seu director, Carlos Rodríguez, co que se establecerá un coloquio ao finalizar a poxección.

Pódese atopar máis información sobre a película en http://www.bichoproducciones.es/bicho/?p=723

A asistencia é gratuíta, grazas ao apoio da Fundación Blas da Ponte de Outeiro (Grupo AGROAMB).

5 de nov. de 2018

'Gaiola Aberta' hoxe en Outeiro de Rei

Redacción. -

Hoxe sábado, ás 19.30 hrs, a Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, acolle a presentación de Gaiola Aberta, de Xoán Neira. Escolma, realizada baixo a edición de Armando Requeixo, onde se recollenpoemas escritos para as crianzas durante os últimos vinte anos.


Con este libro, Xoán Neira quere facer unha homenaxe a Manuel María pola publicación da primeira edición d’Os soños na gaiola, que este ano cumpre 50 anos (“Os soños na gaiola” editouse en Lugo, en 1968, por cartonaxes ANMI)


Gaiola Aberta será presentada no auditorio da Casa-Museo por Armando Requeixo, autor tamén do limiar do libro.


3 de nov. de 2018